UVIGO
FILLOAS

Baiona volve ao medievo coa festa da Arribada esta fin de semana

Baiona volve a Idade Media esta fin de semana para conmemorar o 525 aniversario da chegada da Carabela Pinta anunciando o descubrimento de América, á Praia da Ribeira. Un fito clave na historia da vila, que se prepara para tres días de festa.

A 23º edición da Festa da Arribada arranca o vindeiro venres co tradicional disparo dos canóns situados na fortaleza baionense e prolongarase durante toda a fin de semana. Baiona retrocederá no tempo para emular a vila medieval que foi autroura. Os postos de comida e artesanías se mesturarán cos obradoiros dos artesáns, nos que estarán representados os diferentes gremios, como o de canteiros ou o de ferreiros. Ao longo das tres xornadas sucedéranse actividades e xogos típicos medievais como as xustas, o tiro con arco, combates de esgrima e exhibicións de cetraría.
Un dos actos centrais da festividade é a representación da ‘Arribada do descubrimento’ que terá lugar ás 20:30 do sábado na Praia da Ribeira e se repetirá o domingo ás 18:00 horas, correrá a cargo da dramaturxia Avelino Sierra. Pero non será a única representación teatral, nos xardíns da Casa da Navegación haberá espectáculo de monicreques con ‘Contos ao revés’, na Alameda representarase unha versión cómica da viaxe de Ulises coa obra ‘A odisea do cabaliño’ e haberá ata aquelerre de bruxas co espectáculo ‘Conxuros e feitizos’.
Para ir quentando motores dende mañá, martes, ao xoves se celebrarán unhas conferencias no salón medieval Monterral no Parador Conde de Gondormar. A primeira delas a cargo do premio Planeta Juan Eslava Galán versará sobre ‘Los secretos de Colón’. O mércores o catedrático en Historia Medieval, José Luis Corral, falará ‘De América a Baiona: La continuación del espíritu de reconquista’. Por último, Fernando García de Cortázar, director de la Fundación Vocento, encargarase da conferencia ‘Canto a una España américana’.
Podes consultar a programación completa para os tres días de festa aquí.

Como chegar:
A compañía de autobuses ATSA amplía o horario entre Vigo e Baiona esta fin de semana. Dende as 11 da mañá e as 10 da noite haberá servizo de bus cada media hora entre as dúas localidades (horarios). Ademais, a organización do evento para evitar tráfico no centro da vila, pon un servizo de bus gratuíto entre Baiona e o polígono de Porto do Molle, que operará desde as 11 da mañá á medianoite. outrora
Tamén se poderá chegar a Baiona en barco, como o fixeron os navegantes que viñan a bordo da Pinta. As navieras Piratas de Nabia e Mar de Ons ofrecen servizo dende Moaña, Cangas e Vigo o sábado e o domingo.

CAMELIAS NADAL

(GMT+01:00) Baiona