CAMELIAS MASCOTAS

O Centro de Documentación Feminista organiza un ciclo sobre artistas galegas

O Centro de Documentación e Recursos Feministas, situado na Biblioteca Juan Compañel, deu a coñecer a súa programación para os próximos tres meses, que inclúe faladoiros, presentacións de libros, club de lectura e un ciclo sobre mulleres artistas.

Sorpresa del trigo (1936) de Maruja Mallo

O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo anunciou o pasado martes o programa de actividades que, durante o período de xaneiro a marzo, se organizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, sito no 2º andar da Biblioteca Pública Juan Compañel.

Todas as actividades teñen acceso libre ata completar a capacidade do local agás o club de lectura e o ciclo de charlas, para os que é preciso inscrición previa. Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30 a 13:30, e de martes a xoves, de 16:00 a 20:30, no teléfono 986 436 441 ou por mail: centro.documentacion.feminista@vigo.org

Programación trimestral

Faladoiros

  • 30/01 ás 19:00 – A muller viguesa nos primeiros 60 anos do século XX (Dolores Elena Durán)
  • 22/02 ás 19:00 – Educadoras na vangarda do século XX (Ana Romero e Dolores Cotelo)
  • 19/03 ás 19:00 – As mulleres pechadas no psiquiátrico de Conxo durante o franquismo (Montse Fajardo)

Presentacións de libros

REVISTA NOVEMBRO
  • 23/01 ás 19:00 – Versos violentos de Iria Bragado
  • 08/02 ás 19:00 – Nenas transgresoras na LIX de Marta Neira e Isabel Soto
  • 12/03 ás 19:00 – Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus de Isabel Rodríguez

Ciclo de charlas Artistas galegAs

Ciclo organizado en catro sesións nas que se estudiará a obra de mulleres destacadas da arte galega da man de Beatriz Liz de Cea, historiadora da arte e comisaria de exposicións

  • 07/02 ás 17:00 – Nacidas no século XIX
  • 14/02 ás 17:00 – Nacidas nos inicios do século XX
  • 21/02 ás 17:00 – Século XX, década dos 20
  • 06/03 ás 17:00 – Escultoras

Club de lectura

  • 31/01 ás 18:00 – Feliz Idade de Olga Novo, con Silvia Penas
  • 28/02 ás 18:00 – Washington Square de Henry James, con Coral del Río
  • 20/03 ás 18:00 – La analfabeta de Agota Kristof, con M. Xesús Fariña