REVISTA ABRIL

O Camões celebra o Día de Portugal cun concurso fotográfico

O Centro Cultural do Camões organiza un concurso de fotografía para conmemorar o Día de Portugal, que terá lugar o próximo 10 de xuño. O concurso está aberto a calquera persoa galega ou que resida en Galicia que quera compartir unha fotografía propia sacada no país veciño, destacando as súas paisaxes, gastronomía, tradicións ou arquitectura. A fotografía deberá ir acompañada por un texto de ata 280 caracteres.

REVISTA ABRIL
Miradouro de Santa Luzia, en Lisboa | P. Vázquez

Este concurso fotográfico organizado polo Centro Cultural do Camões para conmemorar o Día de Portugal será gratuíto e estará aberto a calquera persoa galega ou residente en Galicia que queira participar, tanto para profesionais como aficionados á fotografía. Para iso só sería preciso enviar unha foto tomada en Portugal de autoría propia acompañada por un breve texto de ata 280 caracteres.

Dez destas imaxes serán seleccionadas para unha exposición no Centro Camões en 2022. Ademais, os autores das dúas mellores fotografías levarán un exemplar da edición especial do libro Os Lusíadas, de Luís Vaz de Camões e a Revista de Letras e Culturas Lusófonas Camões, n.º 21 (setembro de 2012), dedicada ás artes luso-brasileiras, onde se abordan temáticas como a arquitectura, as Artes Plásticas, o Teatro, o Cinema, a Música e a Literatura.

O xurado será composto por representantes do Centro Cultural Português do Camões, da Fundação Bienal de Cerveira, da Escola Superior Gallaecia e da Escola Aula D. Os interesados poderán participar ata ao día 31 de maio, preenchendo o formulario de inscrición e enviando a fotografía e o texto no seguinte e-mail: cursosplecamoesvigo@gmail.com