CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

‘O Camiño do Mar’, a exposición na que se reconstruirá o Naomhóig

O Museo do Mar de Galicia acollerá do 7 de xuño ao 31 de outubro, a exposición O Camiño do Mar, un proxecto promovido pola Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa co fin divulgar o Camiño Xacobeo por vía marítima, e que incluirá a restauración do Naomhóig, unha embarcación tradicional irlandesa.

Este venres ás 19:00 no Museo do Mar inaugurouse a exposición O Camiño do Mar, un proxecto no que dar a coñecer a aventura dun grupo de amigos irlandeses que decidiron facer o Camiño de Santiago por mar desde Irlanda, nunha embarcación a remos tradicional irlandesa. No acto presentouse o proxecto de reconstrución do bote irlandés “Naomh Gobnait”, xunto coa estrea da película The Camiño Voyage de Dónal Céilleachair, que documenta a odisea do devandito bote. A este acto asistiu, entre outras autoridades, a Embaixadora de Irlanda en España, Dna. Síle Maguire.

CAMELIAS NADAL

No 2014, catro amigos irlandeses deciden contruir un bote co que emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín a Santiago de Compostela. A viaxe fíxose de xeito espaciado ao longo de tres anos, rematando con éxito en 2016. Un ano máis tarde os catro remeiros decidiron facer unha rut pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha, levándose por diante a vida dun deles, Danny Sheehy, e a embarcación.

O bote, depositado no Museo do Mar de Galicia despois da súa varada en Portugal, vai ser reconstruído polos propios remeiros grazas ao acordo de colaboración entre Buxa e a asociación irlandesa Meitheal Mara. Podes aportar o teu gran de area doando cartos á asociación Buxa para axudar na reconstrucción da embarcación a través desta ligazón. O horario e días de reconstrución previstos do bote son do 8 ao 18 de xuño de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00.

Este proxecto inclúe unha pequena exposición onde poder coñecer non soamente a viaxe realizada desde Dublín, senón tamén as atemporais relacións entre Galicia e Irlanda, coa novidade de poder ver durante vos primeiros días como se reconstrúe o bote empregado para a travesía. A mostra poderá visitarse desde o 8 de xuño ao 31 de outubro no horario de apertura habitual do museo, que podes consultar aquí.