O barrio da Florida estrea mural cerámico grazas a intervención da APAMP
Esta mañá presentouse ao público o mural cerámico resultado da II Intevención Artística Urbana realizada en xuño. A peza, elaborada con 1000 kg de barro e de 6 metros de longo, está exposta na parede da sede de APAMP, na Rúa Miguel Hernández 1.
O pasado 20 de xuño a Asociación de Familias de Personas con Parálisis Cerebral (APAMP) organizou a II Intevención Artística Urbana no Paseo de Alfonso XII, onde toda a cidadanía estaba convidada a participar nun gran mural feito con barro. Tanto os membros e membras da Asociación como todo o que pasou por alí puideron deixar a súa impronta neste mural que desde hoxe ten novo fogar.
A parede da sede da APAMP foi o lugar escollido para expoñer esta obra artística coral, situada na Rúa Miguel Hernández 1, facendo esquina coa Avenida de Florida 26. Seis metros de longo e metro e medio de alto son as medidas desta gran peza de cerámica que o pasado verán serviu para visibilizar no centro da cidade ás persoas con parálese cerebral.
Aproveitando o acto, APAMP quixo anunciar que a III Intervención Artística Urbana terá lugar en xuño do 2019 no mesmo lugar que a anterior, e levará por título ‘Enredando na rúa’. Neste acto cambiarán o barro polos fíos de tecer. Os participantes deste proxecto elaborarán o seu tecido empregando calquera tipo de material (algodón, la, trapillo, fíos…), de ferramentas (agullas de ganchillo, de calceta, teares…) e de técnicas (crochet, calceta, tecido con agulla…) para construir a rede.
O mesmo día da intervención, no mes de xuño do 2019, cada persoa ou colectivo unirá a súa peza ao resto da obra para dar forma e rematar a obra final, que cubrirá toda a fonte e a praza. A peza resultante, bautizada co nome de “Aracne” retirarase días despois para que a obra poida ser exposta nun espazo público.
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Galerías Fetén, moda singular no corazón da cidade - 9 Abril, 2025
- Veciñanzas: As Travesas - 25 Marzo, 2025
- Non é cidade para bibliotecas - 25 Marzo, 2025
- Sacar a lingua de viaxe - 24 Marzo, 2025
- Que queres que se faga no Teatro Cine Fraga? Estas son as peticións máis repetidas - 19 Marzo, 2025