O Barbeira Season Fest de Baiona volve o 19 de setembro con parte do cartel orixinal
Baixo o subtítulo “Un festival contra todo prognóstico”, o evento segue tendo como valor principal a ecoloxía e o coidado da contorna. La La love you, Ortiga, Ginebras ou Lisasinson son algúns dos grupos confirmados ata o momento. O evento aínda non conta cunha localización confirmada.
Se na primeira edición foi a climatoloxía a que puxo en apuros a realización do festival, nesta será a covid19, que obrigará á organización a novas medidas loxísticas, entre elas a de buscar un espazo para realizar o evento. Nos próximos días espérase poder dar esta nova información. Lembramos que o ano pasado tivera lugar na horta do Parador de Baiona, máis por cuestións de espazo este ano non será posible.
Aínda que o cartel está pechado, desde a organización comentan que están “abertos a sorpresas”. Agora mesmo os artistas confirmados son La La love you, Ortiga, Ginebras e Lisasinson. Por outra parte, a capacidade máxima do festival será de 500 persoas, no lugar das 700 que acudiron o ano pasado.
Coidado do ambiente, ecoloxía, filosofía de Plástico 0, eses son, ademais da música e outro tipo de contidos culturais, os principais eixos do singular Barbeira Season Fest que se celebrará o próximo 19 de setembro, “contra todo prognóstico”, en Baiona.
As entradas están dispoñibles na súa web desde 35€.