bannerGaliciaIlusiona
bannerGFFF

O Barbeira Season Fest converte Baiona nun fervedoiro cultural

Depedro, Zahara, Maika Makovski, León Benavente, Carolina Durante, La Habitación Roja, Bala, Triángulo de amor bizarro son algunhas das bandas que actuarán do 31 de agosto ao 4 de setembor no Barbeira Season Fest de Baiona. Ademais de música, no festival atoparemos propostas gastronómicas, literarias e deportivas do máis interesantes para pasar unha fin de semana inolvidable no concello veciño. Consegue aquí o teu abono con 5€ de desconto utilizando o código AMOVIDA.

Banner A Movidiña

O Barbeira Season Fest afronta a súa terceira edición con máis ilusión que nunca. Despois de temporais e pandemias, o festival presenta o seu cartel máis ambicioso, con varios escenarios repartidos por Baiona e numerosas actividades paralelas. O mércores 31 o Barbeira arrancará con contidos sorpresa, a modo de presentación. O xoves día 1 subirase ao escenario León Benavente, Carolina Durante, Bala, Anabel Lee e Señora DJ. O venres día 2, terá lugar o Concerto Vibra Mahou de Depedro e, ademais, será a quenda de La Habitación Roja, Morreo, Diamante Negro, Emilia, Pardo y Bazán e DJ Moderno.

Para o sábado 3, a organización programou un dos días máis completos con Zahara, Maika Makovski, a portuguesa Capicúa e as bandas emerxentes, Cora Yako, Miniño, Estrella Fugaz, Tu peleas como unha vaca, Marta Movidas, DJ Moderno e EME DJ. O domingo día 4, para pechar esta edición, celebrarase a “Romaría Punk”, comisariada por Rei Zentolo, cunha selección de grupos galegos entre os que se atopa Triángulo de Amor Bizarro.

Ademais, o director do Barbeira Season Fest, Isaac González avanzou que a programación musical completarase con outras alternativas como actividades náuticas (bautismo de Pádel Surf e Kajak), o ciclo de conferencias “Charlas en chanclas”, nas que coñecidos escritores falarán da súa relación coa música ou responsables de marcas falarán da importancia dos festivais para a súa visiblidade. As entradas pódense comprar na súa web tanto por dia como o abono para gozar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade. Utilizando o código AMOVIDA á hora de comprar o abono en liña obterás un desconto de 5€.

X