CASAACUNHA

Barbeira Season Fest, música e ecoloxía na praia do parador de Baiona

A primeira edición do Barbeira Season Fest celebrarase en Baiona o día 21 de setembro e contará coa actuación de cabezas de cartel nacionais e un especial coidado polo entorno no que se desenvolve.

‘Festivais hai moitos, quizáis demasiados, pero como este ningún’. Así presentan os organizadores do Barbeira Season Fest a primeira edición do festival musical que pon o foco no coidado do medioambiente.

A sostenibilidade é o piar fundamental do certame e para asegurala, a organización tomou medidas como a ausencia total de envases de plástico. No caso das botellas de auga, serán remprazadas por Tetrabricks, retornables a cambio de agasallos; os pratos serán de papel e os vasos, reutilizables. Ademáis, deseñáronse pautas específicas de reciclaxe e reducción de plástico nos postos e non se utilizará xenerador eléctrico de gasolina. Tampouco hai camping, decisión tomada para reducir a cantidade de residuos que poidan ser abandonados nos espazos naturais da vila ao tempo que se apoia a hostelería local.

Banner A Movidiña

Os lugares e horarios dos concertos tamén están dictados polo pulso da natureza. O festival contará con dous escenarios: un na Praia da Barbeira e outro situado na antiga horta do Parador, hoxe un xardín amurallado. O primeiro será de entrada libre, con concertos durante o día cando a marea estea o suficientemente baixa. O segundo requerirá de entrada para acceder e utilizarase pola noite e durante a marea alta.

O cartel musical está formado por una ecléctica mestura de bandas españolas de pop, indie e ata trap. Haberá grupos de fama nacional como Los punsetes, La habitación Roja , Cariño o Cecilio G. mesturados con artistas  ‘de Km.0’, como a cantante galega folk Zeltia Irevire. A programación complétase con obradoiros durante o día para os máis pequenos, que terán lugar na praia e xirarán arredor da reciclaxe e o coidado do entorno.

O pasado venres presentaron no Centro Comercial Gran Vía a súa última novidade, un paseo en barco do porto de Vigo ao de Baiona. Durante a travesía, Ale González, cantante de Los árboles, interpretará as cancións do seu último disco ‘Ensayo y error’, mentres o chef Alberto González, á frente do restaurante Silabario, deseñará una proposta gastronómica con productos sostibles e de proximidade. As entradas para esta experiencia náutica poden conseguirse a través das redes sociais do Centro Comercial Gran Vía e dan acceso a todas as actividades do festival.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.