Regueifas, teatro e poesía polos barrios de Vigo
De aquí a setembro vai ser un non parar de actividades para todos os gustos e idades: concertos, música tradicional, danza, teatro, contacontos, maxia, poesía… Xa que as nosas crianzas van ter un centenar de eventos para gozar do verán, o público adulto non ía quedar atrás. Todas elas, por certo, serás ao redor das 21:30 da noite. Sacade papel e boli e tomade nota.
Se hai un evento que mesture a música tradicional coa nosa característica retranca, esas son as regueifas. Da man de Alba María, Luis Lobariñas, Josinho da Teixeira e Kike Éstevez pasarémolo en grande coas súas improvisación acompañadas do son da zanfona. Actuarán o 7 en Fragoselo, o 10 en Lavadores, o 11 en San Andrés de Comesaña, o 13 na praza da Pedra, o 16 en Cabral, o 23 na praza da Independecia, o 26 no Berbés, o 28 no Calvario e o 31 en Bembrive.
Se o teu é a poesía estás de sorte: Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Xabier Xardón teñen preparado un espectáculo de poesía e piano, tamén coñecido como Slam. Os seus versos percorrerán o Calvario o día 12, Navia o 15, Bouzas o 28 e a Pedra o 31.
Un dos nosos maiores contacontos para adultos, Avelino González, tamén terá o seu oco na programación de verán con Contos Vivos: o 18 en Valadares, o 19 en Teis, o 20 en Zamáns, o 21 en Castrelos, o 22 na Miñoca, o 24 en Navia e o 30 na Independencia.
Por último, non te deitarás sen saber algo novo: Xurxo Mariño e Luis Sampedro mostraranos a cara divertida da ciencia. Neurofisiólogo, profesor na Universidade da Coruña e divulgador o primeiro, e biólogo e investigador do CSIC o segundo, descubriranos a maiores e pequenos multitude de anécdotas científicas mentras pasamos un bo rato. Estarán na Biblioteca Neira Vilas o 4 e o 11 de setembro ás 19:30.
A maiores de todo isto haberá concertos de bandas, música e baile tradicional, festas patronais, o XVII Festival Folclórico Internacional, actuacións en Villa Solita e Toralla e numerosos concertos de grupos locais de todos os xéneros. Absolutamente todos coas máximas garantías sanitarias. Con responsabilidade, a Cultura é 100% segura.
decembro
Non hai eventos
xaneiro
Non hai eventos
Podes consultar TODAS as actividades do programa Vigo en Festas premendo aquí.