REVISTA ABRIL

Villa Solita e Toralla acollerán concertos durante os meses de agosto e setembro

O Concello presentou un novo ciclo de concertos que contará coas actuacións das Orquestras Vigo 430 e a Orquesta Clásica e outros artistas locais en Villa Solita e o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, durante os meses de agosto e setembro.

O interior de Villa Solita durante un concerto o verán pasado. | Pablo Vázquez

Este ciclo de concertos forma parte das actividades de divulgación e posta en valor do patrimonio histórico promovidas polo Concello de Vigo. Os escenarios escollidos foron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, que este ano non poderá acoller as representacións do mundo romano e Villa Solita, que repite como escenario de concertos tras o éxito do ano pasado.

REVISTA ABRIL

En Toralla hai programados catro concertos, un cada xoves de agosto, ás 20:30. Cunha duración aproximada dunha hora e co aforo limitado a 150 persoas sentadas por cada concerto. Os días 6 e 13 actuará a Orquestra Vigo 430 e os días 20 e 27 será a quenda da Orquestra Clásica de Vigo. O público será recibido por actores ataviados da época romana: “romanos con mascarillas” en palabras do alcalde, Abel Caballero.

En Villa Solita, poderemos gozar de concertos todos os venres de agosto e da primeira quincena de setembro. Combina o coñecemento do patrimonio e a música en directo, co obxectivo de xerar redes de conexión entre artistas locais e o público. Ás 20:30 terá lugar un evento divulgativo sobre a historia de Villa Solita. Sobre as 21:00 comezarán os concertos. O aforo neste caso será reducido a 30 persoas, por orde de chegada. Os artistas que pasarán por esta edificación indiana serán: 

  • 7 de agosto: María Villanueva, voz e guitarra, presenta o seu disco María Solita
  • 14 de agosto: Manuel Fraile, sitar.
  • 21 de agosto: Marimba Shadow, percusión. 
  • 28 de agosto: Brais Calles. Hadpan.
  • 4 de setembro: Pablo Paz e Gonzalo Lemos. Percusión e fagot.
  • 11 de setembro: Margarida Mariño. Violonchelo e electrónica.

O alcalde tamén precisou que este ano non se celebrarán as habituais representacións teatrais na vila romana de Toralla debido as aglomeracións de xente que se producen nestes eventos. Organízanse estes concertos para continuar achegando o valor patrimonial deste espazo á cidadanía.