CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Novidades musicais de abril e maio

Continuamos repasando a actualidade musical viguesa a través das últimas novidades dos nosos artistas e bandas.

O grupo Helen & Shanna durante a rodaxe do seu último videoclip | P. Vázquez

DANI

A compositora e intérprete viguesa que transita polas sendas máis aterciopeladas e intimistas do pop contemporáneo con este novo single ‘Ceras rosas’, que estará presente no seu próximo disco Posdata.

LEMON PEARS

Lemon Pears é unha banda de recente creación que xa publicou dúas cancións: ‘Cualquier excusa es buena’ e ‘Que non’. O cuarteto está formado por catro vigueses: Javier Núñez, Pedro Alfaro, Gara López e Karan Novo.

NANEE PRADO

Nanee Prado é un cantante, guitarrista e produtor vigués de 29 años. Con 23 tocaba a guitarra en México de maneira profesional na banda Black Power el Poder de la Cumbia. Tras o éxito do seu primeiro single ‘Lie to me’, agora publica ‘Mohamed’, tema producido por D Rivero cun estilo entre o trap e o reggaeton.

BROKEN PEACH

A banda local aposta por unha cadencia máis melancólica e oscura, malia ternos acostumados a unha música chea de enerxía e optimismo. Ademais, o single foi publicado tanto en castelán como en inglés na súa canle de YouTube, que xa conta con 200.000 subscriptores.

THE SOUL JACKET

Primeiro adianto do que será o oitavo traballo discográfico da banda, K.I.C.K. Radio. Un tema fresco, directo e moi funky co can Turrón como gran protagonista do divertido videoclip. Podes ver aquí a entrevista dun minuto que lles fixemos a dous dos seus membros, Toño López e Jorge Mizer.

SHEILA PATRICIA

A redondelá Sheila Patricia é unha das voces a nova canción de autora en Galicia, mesturando tradición e modernidade na súa música. Vén de publicar o seu primeiro disco, Oríxe.

CAMELIAS NADAL

HELEN & SHANNA

O cuarteto formado a cabalo entre A Guarda e Vigo publicou o seu novo sinxelo, ‘Carmo 22’. Profundan no folk e na psicodelia dunha maneira delicada e envolvente. O cuarteto galego continúa explorando novos horizontes, unha procura que se plasma á perfección no videoclip dirixido por Arancha Brandón.

LÍMBICO

A banda de jazz rock Límbico publicou o vídeo de ‘Outono’, tema do primeiro disco de Límbico, gravado ao vivo no espacio da asociación Xaruma en Teis.

SON DA CIDADE

Como na última entrega, este mes tamén traemos novidades editoriais relacionadas coa música. Son da cidade é un libro ilustrado creado por Pablo Vázquez e Denis Carballás que versa sobre as dúas últimas décadas da música local. Está publicado pola Editorial Galaxia e xa se pode mercar en librerías e na propia web da editorial.

Vázquez e Carballás co libro na man | P. Cermeño
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.