CASAACUNHA

Novidades musicais viguesas de comezos de ano

Primeira remesa de novidades musicais viguesas do ano. Unha selección cargadiña de rock, rap, indie, blues e pop. (Foto principal de Castillo, por Sergio De Arrola)

CASTILLO

Castillo, o nome artístico tras o que se agocha Luis del Castillo, é un dos últimos e máis interesantes proxectos musicais xurdidos de Vigo no último ano. ‘Make this world stop turning’ é o tema de presentación, gravado e producido por Sergio M. Puga nos estudios Cruz del Sur.

PRINCIPIA

Principia é unha banda de indie rock formada na actualidade por Diego Malvar e Mandi García (ex-The Mirage e Astarot). Héroes que nadie ve é o seu segundo álbum tras a publicación de Más allá del tiempo en 2017.

THE RIGGOS

Último adianto do segundo álbum da banda de punk rock local, que verá a luz moi proximamente.

ANXO BLAS

Adaptación do poema de Rosalía de Castro polo músico ourensán afincado en Vigo Anxo Blas.

LOS MARCIANOS

‘Adiós al miedo’ é un novo adianto do próximo traballo da banda de indie local. Segundo eles é “unha canción con espírito pop, adictiva, que che dan ganas de gritar o retrouso unha e outra vez para deixar as cousas malas atrás, soltar amarras, liberarte das ataduras que non che deixan vivir sen preocupacións, sen medos”. A produción corre a cargo de Carlos Hérnandez, produtor de Los Planetas ou Carolina Durante.

IVÁN FERREIRO

O novo tema do nigranés, que comeza cunhas verbas de Félix Rodríguez de la Fuente, afástase bastante do indie pop intimista ao que nos tiña acostumados. Neste caso colabora coas Tanxugueiras e tamén Leiva e Nicolás Pastoriza se deixan escoitar entre os coros.

THE MOB SWING

The Mob Swing é unha banda de rock con influencias da música negra estadounidense: swing, soul, funk… Tema gravado no Estudio Subterráneo de Vigo.

REBELIOM DO INFRAMUNDO FT. WÖYZA

Neste último mes Rebeliom do Inframundo publicou dous adiantos do que será o seu novo disco, Amor ou barbarie: ‘Ti’ e ‘Loitando cos demos’. Este último conta coa colaboración da artista local Wöyza.

ZALOMON GRASS

Estes son os dous temas de adianto do inminente primeiro álbum de longa duración da banda, Space Opera, que se publicará en marzo.

BLUE UNICORN

Blue Unicorn é o proxecto paralelo de Pepe Ferrández, voz e guitarra da banda de rock Dixie Town. Vén de publicar o seu primeiro disco en marzo de 2022 e xa ten outro preparado para xuño deste ano, e en ambos el encárgase da composición, da gravación e de tocar todos os instrumentos. ‘Flowers’ é o primeiro adianto e ‘Better Man’ o segundo.

DANI

Banner A Movidiña

Tras varios sinxelos, o segundo álbum da viguesa dani viu a luz baixo o nome Posdata. ‘Nubes’, o tema escollido para anunciar o lanzamento deste novo traballo, é unha canción de synth pop cuxo videoclip ten un xiro tarantiniano cara o final.

THE SKARNIVALS FT. GARCÍA MC

A banda do Morrazo The Skarnivals tamén vén de publicar un novo disco hai ben pouco. Este ‘Latexo’ foi o tema co que anunciaron este lanzamento.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.