REVISTA MARZO

Novos negocios abren as súas portas en Vigo

Xaneiro é o mes dos novos comezos e na nosa cidade iso aplícaseá apertura de novos comercios e emprendementos. Coñecemos algúns dos negocios que acaban de abrir as súas portas: estética, deporte, cerámica, calzado e cultura xaponesa.

My box, estética avanzada

@my_box_vigo |  Venezuela, 62

En pleno auxe dos tratamentos estéticos Pilar Santana reivindica desde My Box a “nova estética”, un xeito de facer devagar, coa saúde no centro e no que sempre se realiza unha valoración inicial do cliente, co obxectivo de ofrecer un tratamento facial ou corporal  totalmente personalizado.

Logo de traballar durante máis de 15 anos en diversos centros médicos e estéticos, Santana decidiu aplicar o aprendido no seu propio centro e así, este xaneiro abriu as portas de My Box, dentro da clínica de fisioterapia Costas & Díaz.  En My Box realiza tratamentos corporais e faciais, entre os que a profesional resalta o dermapen “un bolígafo con microagullas que fai que os principios activos que aplicamos penetres axeitadamente”.

Algúns dos tratamentos de My Box non están pensados para ver resultados inmediatos, e dado o seu caracter invasivo deberemos esperar un par de días para ver o efecto dos principios activos que, ao ser aplicados de xeito profundo, producirán resultados máis duradeiros.

Pinta tu cerámica, lecer creativo

@pintatuceramica | pintatuceramica.com | Maria Berdiales, 18

Dúas horas e media son sufcientes para escoller unha peza de cerámica, aprender algunhas das técnicas básicas de esmaltado e decorar a nosa creación. Despois deberemos esperar uns días para que o forno faga o seu traballo e poidamos ver o resultado final. Este é o plan que propoñen Marta e Pedro Sobral desde Pinta tu cerámica, un tipo de ocio diferente que os creadores coñeceron en Londres e que está a funcionar moi ben en Vigo.

Na súa web explican que podes reservar as sesións de venres a domingo, con ata unha hora ade antelación. Non é preciso levar nada, pois alí atoparemos pezas de cerámica para mercar e todo o material preciso para decoralas. Unha vez rematada a peza, os responsables encárganse de cocelas e esmaltalas e xa estarán listas para que pases recollelas.

Ademáis das sesións abertas, Pinta tu cerámica tamén brinda a posibilidade de recoller o material e pintar na casa se, por exemplo, estamos interesados en crear toda unha vaixela. Outra das modalidades que ofrece é a de concertar eventos privados, tanto de empresa como celebracións.

Calzadinos, calzado minimalista

@calzadinos | calzadinos.com | Rua Nicaragua, 21

O calzado respetuoso ou barefoot é unha das últimas recomendacións para que os nosos fillos crezan de xeito saudable, avalada por estudos científicos actuais. Este tipo de zapatos caracterízanse por ter unha forma recta, puntera ancha e sola fina, proporcionando unha experiencia parecida á de camiñar descalzo, sen suxeición nin amortiguación. Aida, unha das persoas detrás deste negocio, cóntanos que deste xeito “logramos corrixir algúns dos posibles problemas de pisada e non crear malos vicios”.

A dificultade de atopar este tipo de calzado en tendas de Vigo foi o que a impulsou a abrir este negocio, que está a ter moi boa acollida. “Estamos xa traballando en ampliar o número de modelos e marcas e incorporar tamén opcións para adultos, xa que nolas piden os clientes”, conta Aida.

Ikigai, adestramento completo

@ikigaitrainingbox | Nicaragua, 12

Nun amplo baixo de máis de 300 metros cadrados abrirá o próximo día 8 de febreiro Ikigai Training, un novo centro de entrenamento no que María e Nataly volcarán os seus coñecementos como entrenadora e coach. As creadoras contan que a esencia do negocio é a atención personalizada, na que mesturan deporte e psicoloxía en clases de, como máximo 5 persoas. As actividades son variadas, desde entrenamento de alta intensidade, tipo crossfit, a halterofilia e club de corredores. Tamén teñen previsto facer saídas á natureza, que combinen a esixencia física dos obstáculos naturais co desfrute.

Os nenos e adolescentes tamén terán o seu lugar en Ikigai, palabra xaponesa que significa razón de ser ou de vivir, con entrenementos específicos para eles. “Queremos facer educación física de verdade e que os nenos aprendan desde pequenos o xeito correcto de coidarse a través do deporte”, explica María.

Zenryoku, roupa e complementos kawaii

@grupo.zenryoku.vigo | Av. de Castrelos, 24

Banner A Movidiña

O adxetivo xaponés que dá nome a esta tenda significa idealista e apaixonado e con esta actitude abriu hai poucas semanas Eva o seu comercio. Zenryoku é unha tenda de roupa e complementos orixinais de estilo kawaii, importados de Xapón, Corea e China. Os estilismos do escaparate non pasan desapercibidos: prendas de estilo kawaii, en cores pastel e aire infantil, outras de aspecto gótico e atuendos de estilo lolita conviven con personaxes de Pokemon e outras series de anime.

Eva chegou a este xeito de vestirse sendo unha nena, a través do anime e o manga, e confirma orgullosa que ela sempre vestiu diferente. Leva máis de 10 anos ligada ao mundo kawaii, organizando eventos na súa Venezuela natal. Agora en Vigo quere continuar espallando esta cultura que a fai feliz xa que sabe que “moitas persoas son criticadas por levar este estilo de vida e precisan atopar unha comunidade na que sentirse ben”.

Ademais de tenda, Zenryoku é ese punto de encontro para quen queira achegarse á cultura xaponesa, onde se celebrarán eventos como karaokes, obradoiros de manga ou maid cafes.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.