No verán… máis de 50 actividades para toda a familia
Chega unha nova edición do programa No verán… un conto, programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música para toda a familia. Máis de 50 actividades por toda a cidade, desde Teis ata Samil, para que as crianzas, e tamén os adultos, pasen un verán do máis entretido.
Unha das propostas para a dinamización da lingua galega da Concellería de Normalización Lingüística do Concello volve os meses de xullo e agosto. Falamos de No verán… un conto, unha iniciativa dirixida principalmente ao público infantil, mais que tamén ten actividades para adultos, que percorrerá os barrios vigueses con contacontos, música, regueifas, xogos tradicionais, monicreques e obradoiros. Os lugares nos que terán lugar estes eventos serán Navia, praza da Independencia, As Travesas, Calvario, rúa Londres (detrás do MARCO), Bouzas, Teis, praza dos Ratos, A Miñoca, Castrelos, Samil e a zona do antigo Hospital Xeral.
Os artistas que farán as delicias do público infantil e adulto serán Cé, orquestra pantasma, Raquel Queizás, David Ballesteros, Avelino González, Ernesto Suárez, Xandobela, Andrea Vázquez, Josinho da Teixeira e o alumnado do CIOV, O bardo Abelardo, Sonsoles Cordón e Bego Bras, Tarabelos, Pablo Díaz, Ana Vázquez Facchini e Trasnos.
Consulta todas as actividades, datas e localizacións:
[add_eventon_el number_of_months=”3″ sep_month=”no” hide_mult_occur=”yes” show_et_ft_img=”yes” event_type_2=”17732″ ]