CAMELIAS MASCOTAS

Nace Vertical Summit, un congreso para ter éxito empresarial

Vigo acollerá o congreso Vertical Summit Galicia 2024, un foro de desenvolvemento profesional para empresarios galegos que terá lugar o próximo 15 de outubro. O aforo é moi reducido e as entradas están xa á venda en Woutick.

Vertical Summit Galicia celebrará a súa primeira edición o próximo 15 de outubro no Hotel Attica21 de Vigo e contará con relatorios e mesas redondas para coñecer a experiencia doutros empresarios; a grabación en directo do pódcast Cuarto Vertical; e un Speaker Corner no que coñecer proxectos máis novos.

REVISTA NOVEMBRO

O congreso busca converterse nun espazo de reunión para o ecosistema empresarial galego no que se xeren “sinerxias reais e negocio” e contará coa presenza de organizacións como LinkedIn, Howden, WiR – Woman In Retail-, Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, Fundación Juana de Vega, INFI Consultores, Kairo Club de Negocios, Clúster do E-Commerce Galego, IUNI, Green Impact Soul; Asociación de Catadoras de Galicia, Markea, Empresarias Galicia, CIJE e AJE Vigo.

En palabras do seu organizador, David Suárez, “trátase dun foro de desenvolvemento profesional galego no que os asistentes poderán acceder a contidos de moito valor para o seu día a día, escoitar a empresarias e empresarios de éxito, mesas redondas onde se expoñerán modelos de negocio de diferentes empresas, coñecer de primeira man os próximos movementos de organizacións que forman parte do noso día a día, ou saber o que debemos facer e, sobre todo, o que non debemos facer para ter éxito empresarial”.

O aforo do Vertical Summit Galicia será limitado a cen persoas. A entrada para asistir ao congreso ten un prezo de 19,00 €. Ademais de todas as actividades mencionadas, o congreso tamén contará cunha comida oficial para a que tamén están xa á venda as entradas. Ambas están dispoñibles na plataforma Woutick.