Nabia, celebracións de luxo a bordo
Ademais da súa ampla oferta de viaxes ás illas Cíes, Ons, Sálvora e San Simón, a Navieira Nabia ofrece tamén a posibilidade de celebrar eventos privados a bordo. En parella, en familia ou con amigos, as opcións son do máis atractivas e variadas, polo que te aconsellamos que botes un ollo se tes pensado sorprender a alguén cun plan diferente.
Imaxinas ter un barco para ti só (e quen ti queiras) para pasear pola ría, cear a bordo ou ir tomar un baño ás Cíes co solpor como fondo? A Navieira Nabia ofrece isto e moito máis, permitindo alugar a súa frota para aniversarios, despedidas de solteiro, ceas de empresa, xornadas de pesca, ceas románticas ou simplemente un día de descanso.
Nabia pon á túa disposición seis barcos diferentes para que poidas escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades: Soy Ons Dos, un iate para un máximo de 18 persoas; Pirata San Simón, catamarán con capacidade para 100 persoas; Pirata de Ons e Pirata de Onza, ambos con 150 pasaxeiros de capacidade máxima; e Pirata de Cíes e Pirata de Canexol, as embarcacións máis grande da compañía, cun aforo de ata 250 persoas.
A maiores, existen opcións de catering, servizo de decoración, guías acreditados e flexibilidade para as cancelacións no caso de que o tempo non acompañe. Para consultar as tarifas e coñecer máis información sobre estes plans de luxo poder entrar na súa web ou contactar coa compañía a través de comercial@piratasdenabia.com, no 986 32 00 48 ou nas súas redes sociais.