COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Tres concertos de luxo no primeiro Máis que Blues

Aínda que soe irónico, a Sala Rouge tinguirase de blues a partir do próximo 4 do outubro e ata decembro, cos concertos de Smilin’ Bobby, Michael Roach e Michael Dotson baixo o nome de Máis Que Blues. As outras datas serán o 8 de novembro e o 13 de decembro. 

A marca de cervexas Alhambra invítanos a un trío de concertos únicos e imperdibles para os amantes do blues nos próximos tres meses. O primeiro concerto será o de Smilin’ Bobby o 4 de outubro, o segundo o de Michael Roach o 8 de novembro e, por último, o de Michael Dotson o 13 de novembro. Todos eles serán na Sala Rouge, ás 22:00 e cun prezo de 10€ se é anticipada ou de 15€ se é mercada na propia porta. Tamén existe a opción de mercar un abono para os 3 días polo prezo de 20€.

Comezamos por Smilin’ Bobby, quen creceu en Chicago escoitando e tocando blues,  ata que rematou sendo compañeiro de grandes artistas como Magic Sam, Byther Smith, Magic Slim, Little Milton e de outras innumerables lendas locais. Chegaría incluso a compartir escenario con  Buddy Guy & Junior Wells e Howlin’ Wolf. Esta é a súa primeira vez en Vigo, na que tocará xunto coa súa banda temas propias e versións míticas da historia deste xénero.

Continuamos con Michael Roach, quen unha vez en Washington foi apadriñado por artistas do nivel de John Jackson, John Cephas Archie Edwards. A sua voz ten un rexistro particular que lle permite cantar blues sen esforzo ao tempo que toca a súa guitarra sen púa ao vello estilo, mesturando graves e agudos coas cordas. El mesmo define á súa música como “blues universal que apuntala case toda a música moderna“.

Por último, e para poñer, esperemos, punto e aparte a este primeiro ciclo Máis Que Blues, chega desde Chicago Michael Dotson, un dos  guitarristas mais representativos do  West Side Blues de Chicago dende os anos 60, xunto a outros grandes do xénero máis coñecidos como  Magic Sam e Otis Rush. A prensa especializada o define comoO segredo mellor  gardado do Blues de Chicago”, algo que non parece afectarlle, xa que el continúa co seu carácter sinxelo e discreto. Un artista ao nivel dos máis grandes do xénero.

SONRIAS

(GMT+01:00) Sala Rouge