COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Música saída do lixo

A Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura fará no Mar de Vigo o seu primeiro concerto en Galicia. A particularidade desta actuación e que veremos un conxunto de rapaces paraguaios que tocan violíns, violonchelos, trompetas, guitarras… feitos de lixo. Sobre o escenario tamén estarán Iván Ferreiro e o Coro de Pequenos Cantantes de ACOPOVI.

Imaxinas un violonchelo feito a partir de latas de refresco ou unha trompeta elaborada con restos de latón, garfos, culleres, moedas e botóns? Seguramente parecerache difícil de imaxinar e sorprenderache saber que soan incriblemente ben. Se non o cres, o vindeiro 28 de decembro terás oportunidade de comprobalo por ti mesmo no Concerto Solidario a cargo da Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura. Un proxecto nado fai 6 anos anos nun barrio marxinal de Asunción, a capital de Paraguai.
A iniciativa creada por Favio Chávez, director da orquestra, ten por obxectivo achegar a música a rapaces que doutra forma nunca terían acceso a un instrumento e da mesma maneira concienciar sobre a necesidade de reciclar e xerar menos residuos. Unha tarefa na que leva longo tempo traballando Ecoemebes e a que consigue dar visibilidade a través desta proposta.
O vindeiro 28 de decembro no Auditorio Mar de Vigo 23 rapaces de entre 11 e 25 anos presentarán o seu espectáculo na cidade olívica tras ter pasado por numerosos países e ter compartido escenario con artistas como Raphael, Miguel Poveda, Inma Shara, Soledad Giménez, Mikel Erentxun, Ara Malikian, Antonio Carmona, Judith Mateo, Víctor Manuel ou Rosario Flores. Na actuación viguesa sobre o escenario estarán Iván Ferreiro e o Coro de Pequenos Cantantes de ACOPOVI. Esta peculiar orquestra interpretará temas de Mozart e Bethoven e adaptará o seu repertorio para interpretar con Ferreiro algún tema do músico vigués.
As entradas xa están a venda e toda a recadación que se obteña irá destinada integramente á Fundación da Orquesta de Instrumentos Reciclados de Cateura, unha asociación formada polos pais dos nenos que forman a agrupación e polo director Favio Chávez. Este diñeiro fará posible dar continuidade ao obradoiro de lutería a partir de obxectos reciclados e tamén se destinará a educación destes rapaces así como nalgúns casos á reconstrución das súas casas.

SONRIAS
The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.