Movendo Camiños, a proposta de Érguete para transmitir os valores do deporte
A Asociación Érguete está a levar a cabo un proxecto chamado Movendo Camiños, que contempla os beneficios do deporte como un método de protección, prevención e estilo de vida saudable. Desta forma, os participantes poderán aprender e comprender os seus beneficios a longo e curto prazo.
O exercicio físico ten múltiples beneficios, tanto a nivel físico como mental. A nivel físico porque mellora a resistencia pulmonar, prevén o insomnio e axuda a queimar as graxas que o noso corpo non precisa; e psicolóxico porque liberas endorfinas, as causantes da felicidade, e diminúe o estrés, entre outras moitas vantaxes.
Co programa Movendo Camiños, a Asociación Érguete quere realizar unha serie de entrenamentos cos seus membros ao longo destes meses, ata o 31 de marzo, que é cando terá lugar a carreira popular Érguete e Corre. Desta forma, queren lograr que os usuarios dos Programas da Asociación poidan realizar a carreira de 5km (tamén haberá outro percorrido de 10km).
Para isto, contarán coa axuda de dous adestradores de primeiro nivel, como son Daniel Bargiela, atleta e encargado da tenda Bikila, e Manuel Ageitos, adestrador nacional de Atletismo e do Real Club Celta de atletismo). A actividade consistirá en dous adestramentos por semana, adicando os demais días ao mantemento e á realización de actividades por conta propia. A finalidade é que esta proposta teña continuidade o resto do ano, máis aló destes tres meses de preparación para a carreira.
A través desta proposta, desde Érguete queren transmitir os valores positivos do deporte, ademais de potenciar outros aspectos como os hábitos de sáude positivos, a responsabilidade, o traballo en grupo, a superación propia ou a relación con novas persoas.