CAMELIAS MASCOTAS

Miguel Cuervo gaña o VII Certame de Relatos Vigo Histórico

Co seu relato El fabuloso tonto triste, Miguel Cuervo Pérez alzouse como gañador desta sétima edición do popular certame de relatos Vigo Histórico, convocado pola Editorial Elvira. O segundo premio foi para Hopper en el Vitrubia, un relato de Eduardo Fernán-López. Lanzado no mes de marzo, a temática de moitas das historia xira inevitablemente en torno á covid.

Este martes pola mañá o Auditorio Municipal recibiu o acto no que se deron a coñecer os nomes dos relatos gañadores, accésit e publicados. No acto interviron Xabier Romero, da Editorial Elvira, Jacobo Buceta, en representación do xurado e Abel Caballero, alcalde da cidade. Romero anunciou que a gala de entrega de premios e de presentación do libro Relatos na Rúa VII realizarase a finais de novembro, mais aínda sen saber nin onde nin como será. Tamén adiantou varios proxectos que teñen entre mans na Editorial, como un libro histórico sobre a peste de 1598 e un musical sobre o poeta Carlos Oroza.

REVISTA NOVEMBRO

O gañador desta sétima edición foi Miguel Cuervo Pérez co seu relato El fabuloso tonto triste, unha obra chea de humor e intelixencia que cautivou ao xurado formado por Jacobo Buceta, Ledicia Costas, Antón Pulido, Bieito Ledo, Concepción Varela, Patricia Meira, María Lado, Noelia Otero, Julio Alonso e José Luis Mateo Álvarez. Xa gañador dun accésit o ano pasado, Cuervo ingresará 1000 euros por este primeiro premio.

En segundo lugar, cunha remuneración de 500€, temos a Eduardo Fernán-López con Hopper en el Vitrubia, no que nos conta a historia dun neno esquizofrénico, usando como gancho o cadro de Hopper na xanela. Os catro accésit, que levarán 200 euros cada un, foron para Xosé Alfredo Naz, Alberto Rodríguez, Marcos Dios e Esther Alonso.

Por último, as persoas que tamén verán os seus relatos publicados finalmente no libro, cuxa portada será de Beatriz Lobo, serán María López, Julia Tomé, Pilar Ortega, Ana Agra, Rubén Domínguez, Xosé Luis Termenón, Ángeles del Blanco, Milagros Alonso, Manuel González, Isabel Crespo, Ángel Alonso, Eduardo M. Campos, Graciela Baquero, Luz Gónzalez, Moncho Iglesias, Andreia Costas, Iris Darriba, Hugo Lozando, María Cristina Rey e Isabel Vázquez.