‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra
Formado pola directora e dramaturga Gena Baamonde e mais a bailarina Andrea Quintana, o colectivo VACAburra regresa á sala Ártika cunha proposta que promete non deixarnos indiferentes: Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos. Formulada como unha «conferencia freak en formato desbordado», a montaxe aborda a disidencia sexo-xenérica a través do humor e da danza.
En palabras do colectivo, «un dos obxectivos desta peza é pasar polo corpo —queer, non normativo— os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia escénica heterocentrada».
VACAburra artella un dispositivo escénico a medio camiño entre a lección maxistral e o espectáculo teatral para traducir de xeito escénico a tese de doutoramento que a propia Baamonde defendeu en 2021 na Universidade de Vigo: Sexualidades Des-Xeneradas na práctica escénica contemporánea.
Continuando a liña de exploración e investigación escénica transitada por creadores como Sergio Blanco ou David Espinosa, mestúrase nesta «bastardía disciplinar» a teoría coa arte performativa co fin de ofrecer un espectáculo disidente, diverso e diferente. Unha rara avis dentro do panorama teatral de Galicia.
Data e hora: sábado 1 e domingo 2, ás 20:00 h
Lugar: Ártika
Entradas: 10,00 € (anticipada), 14,00 € (na billeteira)
Ficha do espectáculo
- Creación e texto orixinal: Gena Baamonde
- Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde e Andrea Quintana
- Coreografía: Andrea Quintana
- Interpretación: Gena Baamonde e Andrea Quintana
- Deseño de iluminación: Violeta Martínez Rivera
- Vestiario: VACAburra
- Fotografía: Manuel G. Vicente e Cristina Cotelo
- Vídeo promocional: A muller de 6 ollos e Andrea Quintana
- Co apoio de: Colectivo RPM, La Fabulosa, De Corpos Presentes e Galicia Danza Contemporánea
Ernesto Is
Escritor
Ernesto Is
Últimos posts de Ernesto Is (ver todos)
- ‘Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos’, de VACAburra - 31 Maio, 2024
- ‘Soñar al borde del precipicio’, de Anómico Teatro - 20 Maio, 2024
- ‘Helen Keller, a muller marabilla?’, de Chévere - 5 Marzo, 2024
- ‘O raro é que bailar sexa raro’, de VACAburra - 12 Decembro, 2023
- ‘Deadpan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro - 6 Novembro, 2023