VIALIA
PLAYDOC

Mergúllate na ría con Capitan Diver

Capitán Diver organiza para os vindeiros días dous cursos para iniciarse no mergullo a bordo dun veleiro nas illas Cíes que te permitirán tomar contacto co deporte ou certificarte para comezar a desfrutar do 70 % da superficie do planeta como peixe na auga.

Hai só dous anos que Pablo Ubeira e Andrés Morán decidiron montar Capitán Diver, unha empresa de mergullo ao seu xeito, na que a experiencia combinase a navegación a vela e as inmersións. Para o primeiro fixéronse con Galipso, unha goleta de dous mástiles, construída en Inglaterra no ano 75 que no momento da botadura era a máis grande que surcaba a nosa ría.

O segundo xa o tiñan dominado, pois ambos levaban tempo traballando como instrutores de mergullo en Cangas e coñecían ben estes fondos, algo escuros e, desde o descoñecemento, menos atractivos que as augas cristalinas doutros lugares. A apatía dura pouco cando Ubeira enumera a cantidade de opcións de mergullo con botella que ofrece a contorna de Vigo, tranquila grazas ao amparo da ría e con moitos puntos de interese nos que practicar este deporte: as illas Cíes, un dos 10 mellores sitios de España nos que somerxerse se che interesa ver especies como a raia mosaico, o melgacho, o polbo ou as centolas; as bateas, espectaculares grazas ao xogo de luces que crean as cordas desde abaixo, ou algúns dos pecios afundidos en Rande, Monteferro e as Estelas. Se aínda non probaches nunca, en Capitan Diver imparten cursos para todos os niveis, desde o bautismo inicial ata Divemaster, homologados pola asociación internacional de mergullo máis recoñecida: PADI.

Este domingo, 11 de xullo, Capitán Diver ten planeada unha viaxe ata as Illas Cíes onde realizará Bautismos de buceo, unha experiencia para iniciarse neste deporte e vivir por primeira vez a sensación de de respirar e flotar baixo a auga á vez que se desfruta dunha xornada de navegación a borod de veleiro. A experiencia ten un custe de 80€ e inclúe fotografías de recordo e diploma acreditativo.

REVISTA ABRIL

Din en Capitán Diver que hai dous tipos de persoas: as que aman o mergullo e as que ainda non o probaron. Se pertences ao primeiro grupo e queres seguir aprendendo, entre o 12 e o 18 de xullo, levarán a cabo un curso para acadar o nivel Open Water, un dos máis recoñecidos no mundo para mergullo recreativo, que permite bucear de xeito autónomo e seguro.

DATOS DE CONTACTO:

Marina Davila Sport, Peirao de reparacións de Bouzas
info@capitandiver.com
644 677 499
@capitandiver

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.