CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

Mclan empraza a Vigo a un ‘Concierto salvaje’

Os compoñentes de Mclan, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, foron os encargados de despedir onte o sol desde o alto da terraza do Mar de Vigo. Fixérono repasando os mellores temas da banda e rebordando grandes doses da profesionalidade que levan aprendida nestes case 30 anos de carreira.

Eran aproximadamente ás 21.00 horas da noite cando Carlos Tarque e Gonzalo Ruipérez se subiron ao escenario da terraza do Mar de Vigo. O facían seguindo o convite do alcalde Abel Caballero quen desvelou o parentesco que lle une ao cantante da banda. Segundo explicou o alcalde, a súa nai e a de Tarque eran primas;Os compoñenentes de Mclan dato que máis tarde o músico constatou sinalando a súa unión coa nosa terra ao ter familia en Vigo, Nigrán e Ponteareas… Por iso afirmou sentirse “como na casa”. Os dous compoñenentes de Mclan ofreceron un espectáculo en acústico desprovistos de banda e ante un público silencioso do que era difícil adiviñar a reacción coa expresión tapada polas máscaras. O desafío non parecía fácil pero os case trinta anos que levan compartindo escenario pronto se fixeron notar, e en case dúas horas de concerto conseguiron dar o mellor de si mesmos e engaiolar ao público.

O concerto arrancou ao son de Filosofía barata (2004) e non tardou en soar un dos temas máis coñecidos da banda, Llamando a la tierra (1999); que a pesar de pertencer ao seu terceiro disco de estudio, foi dos primeiros en outorgarlles popularidade. Aínda que soaron boa parte de temas míticos como Roto por dentro (2008), La esperanza (2016), Calles ardiendo (2008), Miedo (2004) ou Hasta la vista rock and roll (2004) tamén houbo tempo para viaxar aos seus primeiros discos nos que repasaron temas rockeiros como Dando vueltas (2002) e outros máis preto do blues como De nuevo en la ciudad (1995). Tras render a súa pequena homenaxe a Pink Floyd entoando os acordes de Another Brick in the Wall e a Calamaro e o seu Te quiero, se despediron dúas veces antes de dar o adeus definitivo. No primeiro bis entoaron Maggie Despierta (1999) e Quédate a dormir (1999) e no segundo Carolina (2001) e Concierto Salvaje (2016) emprazando a todo o público a vivir xunto a eles o vindeiro ano un concerto salvaxe acompañados da banda, sen máscaras e bailando!

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.