VIALIA
bannerPicnicSesions

María Vázquez: “Non estamos preparados para afrontar a morte por iso é necesario falar dela”

Aínda que se considera de toda Galicia porque ten vivido un pouquiño en tódalas provincias María Vázquez naceu en Vigo. Esta fin de semana vén a súa cidade natal coa obra de teatro ‘A Leituga’ e faino moi ben acompañada con actores da talla de Morris, Xosé Barato, Mercedes Castro e Federico Pérez. Falamos con ela sobre este drama familiar que espertará as risas do público.

A actriz María Vázquez nun momento da obra. | emedous.com

Que é a Leituga?

A Leituga fala dunha familia que se reúne tódolos anos polo aniversario do pai que leva 9 anos en estado vexetativo. A irmá maior é a que se fai cargo do seu pai. Entón este ano a muller e o seu home din que xa está ben, que teñen que repartir os coidados do pai. E aí comeza o drama familiar.

Un tema moi vixente.

Dende logo, o do pai é un pretexto pero fala moito do deterioro das familias convencionais. Un cambio de tipo de familia.

Cada unha das personaxes representa unha carga, cal é o morto co que ten que cargar Dora, a túa personaxe?

Dora é a mais inxenua de todos ou a que se fai a inxenua e está metida nunha familia moi convencional, ten seis fillos… ese tipo de matrimonio é a carga dela. Pregúntase se ter todos eses fillos e ese tipo de familia como lle contaron cando era pequena é o suficiente para ser feliz.

O machismo tamén está presente na obra.

Si. Un tema que trata a obra é o de por que a irmá maior por ser muller ten que facerse cargo. Parece que estea así estipulado e non pode existir nin discusión.

A pesar de tocar un tema tan delicado como é o da morte, todo acontece nunha festa.

Si é unha festa particular porque é para celebrar o aniversario do pai que está en estado vexetativo entón non é moita festa… todos saben que non é ningunha festa.

Este é un proceso polo que pasan todas as familias e que desgrazadamente xera moitas discusións.

É un tema bastante habitual. Aínda que se leven ben sempre hai discusións sobre quen se ocupa deles. Parece que nesta época que vivimos os maiores molestan. Outro tema do que falamos na obra é o da morte asistida, a morte digna. Se iso é estar vivo, se paga a pena estar así, quen somos nós para escoller se debe estar morto ou vivo… É un tema sobre o que reflexionamos e tampouco sacamos conclusións. Deixamos que o público sexa o que decida.

Sobre a morte sempre hai un certo tabú, nunca queremos falar dela e cando chega o momento e temos que decidir cústanos afrontala.

Non estamos preparados. Creo que aínda estamos inmaduros nese tema, costa moito tratalo. Por iso creo que é necesario falar disto, porque son leis que tamén se poden regular.

Que aprendiches ti, María Vázquez con esta obra?

Máis que aprender teño medo a cando pase. Un sabe que ata nas mellores familias nestas situacións sae todo u odio ou rancor e se comezan a desestructurar.

Por que recomendarías a xente ir vela?

REVISTA ABRIL

Porque trata moitos temas en vigor. Calquera se pode sentir identificado cunha personaxe ou con outra e se non lle pasou aínda porque lle pasará. Sirve para desdramatizar as situacións que un vive.

Véndese como unha comedia dramática.

Si porque calquer familia vista dende fóra pode ser moi divertida pero cando o vives en primeira persoa pode ser un drama.

(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.