VIALIA
ARRIBADA

María Couso: «O colexio perfecto non existe»

Escoller escola para a nosa rapazada non é unha tarefa sinxela. A pedagoga e creadora da plataforma PlayFunLearning, María Couso, achega algunhas claves para eses pais e nais que este ano se senten desbordados ante unha decisión relevante pero non irreversible.

O tipo de xornada que ofrece o colexio, se é partida ou continua. Este dato é fundamental para a xestión familiar das dinámicas diarias. Tamén debemos reflexionar sobre se queremos un colexio público, privado ou concertado; laico ou relixioso. Cales son os valores éticos que nós como familia desexamos transmitir aos pequenos.

É moi importante preguntar polo departamento de orientación, como funciona e se hai unha atención real á diversidade. Esta é unha cuestión que, salvo excepcións, non acostumamos facer porque non consideramos que os nosos fillos vaian necesitar ese apoio no futuro. É moi relevante que preguntemos se hai un servizo de orientación que faga algún seguimento do alumnado para saber se existen dificultades que quizais non estamos a ver na casa. Tamén cómpre coñecer o número de profesionais de apoio cos que conta o centro: a Consellería de Educación marca uns mínimos por número de alumnos que todos os centros deben cumprir, pero, no caso dos concertados e privados, dependendo da importancia que lles dean ao departamento de orientación, pode haber un equipo máis grande do que esixe esa consellería.

Ademais, preguntaría pola estabilidade do corpo de docentes, se estes teñen praza fixa ou non. A recomendación é que en infantil a cativada teña unha persoa de referencia que non varíe durante eses tres primeiros cursos. Outro tema relevante é que o sistema obriga as familias a que os nenos teñan control de esfínteres, pero con pouco máis de dous anos moitos aínda non o teñen controlado. Hai mestres que, sen estaren obrigadas, de producírense escapes, si que os cambian; pero isto vai á vontade, por iso é unha pregunta importante. No caso dos centros privados e concertados, convén saber cal é a etapa máxima que se pode cursar alí, mentres que no caso dos públicos a pregunta sería cal é o instituto adscrito a ese centro. É determinante ter unha visión global de toda a etapa educativa.

No número de alumnos por aula. Recentes estudos da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) sinalan que o número idóneo estaría arredor dos quince. Estes estudos teñen en conta tanto a sostibilidade económica do centro como que os nenos reciban unha atención real. Se na clase na que vai estar o noso fillo hai menos de quince alumnos, iso é fantástico, pero o ideal é que non supere a quincena.

Non. O importante é coñecer moi ben o proxecto educativo do colexio. Hai centros moi enfocados no ámbito académico, que poñen a atención en crear profesionais a nivel laboral, mentres que hai outros que pensan moito máis no desenvolvemento da persoa, na transmisión de certos valores, no crecemento do alumnado a partir do xogo. Un indicativo é a liña que seguen con respecto á lectoescritura: estamos a observar que hai moitos centros concertados e privados nesta cidade que avogan por que os nenos saian de infantil lendo, mentres que os públicos quizais sigan unha liña máis respectuosa neste sentido. Isto sucede porque as familias cren que rematar infantil sabendo ler e unha característica de excelencia académica, e moitos centros véndeno desta maneira, pero eu creo que é un erro. O que están a avaliar os novos estudos científicos é que o esquema de lectoescritura debe traballarse dos cinco aos sete anos, non dos tres aos cinco. Debemos preguntarnos se queremos acadar a excelencia académica ou transmitir unha serie de valores éticos. Queremos construír persoas ou queremos construír profesionais?

REVISTA FEBREIRO

É relevante pero non irreversible, pode cambiarse. O que temos que ter en conta é que non hai un centro perfecto. Isto é algo que debemos asumir: non hai un cole no que vaiamos estar a gusto ao cen por cento, porque os mestres varían, o equipo directivo pode mudar na metade da nosa etapa educativa… Malia todo, sempre estamos a tempo de cambiar e buscar outras posibilidades. Hai unha característica do ser humano que é esa inflexibilidade cara ao cambio. Non acabamos de entender que a vida é un cambio constante.