CAMELIAS MASCOTAS

Madeleine Peyroux, Anastacia, Depedro e Ara Malikian, entre os espectáculos do Mar de Vigo en 2025

O Auditorio Mar de Vigo acollerá no 2025 grandes citas musicais, cunha programación de directos que se estenderá ata finais do inverno, incluíndo importantes concertos de bandas internacionais e nacionais como Ara Malikian, Madeleine Peyroux, Café QuijanoDepedro ou Anastacia. Tamén haberá espazo para a comedia, con catro espectáculos con Carolina Iglesias, Touriñan, Dani Martínez e Hovik. Polo momento hai doce espectáculos confirmados e coas entradas á venda para o primeiro semestre.

Film Symphony Orchestra: TARAB – 19 de xaneiro ás 18:30 – Desde 39,00 €

Film Symphony Orchestra e o seu carismático director Constantino Martínez-Orts, propóñenche unha fascinante experiencia musical inspirada en evocadoras melodías de películas como Dune, Origen, Oppenheimer, Troya, La sirenita, Gravity, Frozen, El regreso de la momia, The Martian, Star Wars: el ascenso de Skywalker o Animales Fantásticos, entre moitas outras…

Café Quijano – 24 de xaneiro ás 21:00 – Desde 35,00 €

Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente.

Madeleine Peyroux – 1 de febreiro ás 21:00 – Desde 28,00 €

Madeleine Peyroux será unha das grandes figuras internacionais que pasará polo Auditorio Mar de Vigo en 2025. Nada en Athens, Georgia, creceu escoitando jazz de Nova Orleans e buscándose a vida no barrio latino de París, onde se formou musicalmente. Con case tres décadas de carreira, o seu último traballo, “Let’s Walk”, publicado este ano, volveu namorar á crítica e público, reafirmando o seu status como unha das voces máis expresivas e sedutoras do jazz actual.

Ara Malikian – 8 de febreiro ás 21:00 – Desde 45,00 €

Ara Malikian presenta a súa nova xira ‘Intruso’, unha viaxe moi persoal no que parte da angustia de non encaixar en ningún lugar para por fin abrazar a riqueza da súa identidade multicultural e atopar o seu fogar no mundo enteiro a través da arte e a música.

90’s Live & Philarmonic Fusion – 15 de febreiro ás 21:30 – Desde 55,00 €

Concerto pioneiro que combina unha filarmónica de corenta músicos con DJ, baixo a batuta de Nikoleta Popova. Interpretarán algúns dos grande éxitos disco dos anos 90.

Dani Martínez – 21 e 22 de febreiro – Desde 22,00 €

O espectáculo Remember, de Dani Martínez fai unha viaxe no tempo desde 2050 ao presente para falar co seu público e contarlles que cousas cambiaron e que cousas non poden esquecer de fronte ao futuro.

La Gran Antología de la Zarzuela – 23 de febreiro ás 19:00 – Desde 37,00 €

A Orquestra Filarmónica de España propón unha noite de canto e música española con este singular xénero escénico de amor e sátira, sobre temas históricos e cotiáns da tradición nacional; para deleitar ao público coas mellores Zarzuelas de todos os tempos.

Depedro – 7 de marzo ás 21:00 – Desde 23,00 €

O cantante e guitarrista Jairo Zavala, mellor coñecido como Depedro, acompañado da súa marabillosa banda, actuará no Auditorio a Mar de Vigo. Volve ao escenario presentando o seu sétimo álbum de estudo titulado Un lugar perfecto, ofrecendo ao público unha viaxe sonora por unha estrada secundaria, un camiño que reflicte o noso tránsito entre a ansiedade e a esperanza.

Anastacia – 16 de marzo ás 19:00 h – Entradas esgotadas

A cantante americana, con máis de 30 millóns de discos vendidos, anuncia un circuíto europeoque a traerá por primeira vez a un escenario galego. Dotada dunha das voces máis potentes e recoñecibles da historia da música, a icona internacional do pop, actuará no Auditorio Mar de Vigo dentro do Gozo Fest.

Mentes Peligrosas: Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus – 22 de marzo ás 21:00 h – Desde 35,00 €

Mentes Perigosas volve para demostrar que é a mellor festa da risa posible. Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus chegan a Vigo para bailar, cear, beber… e, sobre todo, rirnos como nunca. Mentes brillantes, talentosas e perigosas que se reúnen unha vez máis para crear unha experiencia única.

Hovik – 28 de marzo ás 21:00h- Desde 26,00 €

REVISTA NOVEMBRO

O actor e cómico Hovik chega co espectáculo de stand up comedy, Grito.

Mentes peligrosas: Álex Clavero, Eva Hache, Leo Harlem y Xosé Touriñán – 17 de maio ás 21:00 h – Desde 32,00 €

Espectáculo de comedia con Álex Clavero, Eva Hache, Leo Harlem y Xosé Touriñán dentro do ciclo Mentes Peligrosas.