CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

O Gozo Fest traerá a Anastacia a Vigo en 2025

16mar21:00O Gozo Fest traerá a Anastacia a Vigo en 2025FESTIVAIS E FEIRAS | Desde 48,00 €21:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A cantante americana, con máis de 30 millóns de discos vendidos, anuncia un circuíto europeoque a traerá por primeira vez a un escenario galego. Anastacia actuará no Auditorio Mar de Vigo o 16 de marzo de 2025 dentro do Gozo Fest.

Dotada dunha das voces máis potentes e recoñecibles da historia da música, Anastacia, icona internacional do pop, lanzou a súa carreira en 1999, converténdose dous anos máis tarde en “a artista pop feminina revelación máis vendida do mundo”. Será unha xira moi especial, na que conmemora o 25º aniversario do seu álbum debut Not That Kind, que a catapultó á fama internacional no ano 2000 con éxitos como “I’m Outta Love” ou “Not That Kind”. Anastacia continuou recompilando éxitos con sete álbums de estudo e colaboracións con artistas de renome mundial como Luciano Pavarotti, Elton John, Michael Jackson e Eros Ramazzotti.

Entradas á venda:
O venres 5 de xullo ás 10h en Livenation.es, e Teuticket.com
Preventas a partir do mércores 3 de xullo ás 10h en Livenation.es

Máis

Hora

16 marzo, 2025 21:00(GMT+02:00)