Love of Lesbian anuncia nova data no festival TerraCeo
Tras agotar en poucos minutos as entradas para o concerto do 1 de agosto, os organizadores do festival TerraCeo veñen de anunciar que Love of Lesbian actuará tamén na terraza do Mar de Vigo o 29 de xullo. As entradas para este concerto e para un abono de humor que inclúe as actuacións JJ Vaquero e Moncho Borrajo sairán á venda mañá martes ás 14.00 horas.
Os compoñentes de Love of Lesbian Santi Balmes, Juli Sadarriaga e Dani Ferrer actuarán dúas veces na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Á data anunciada nun comezo do 1 de agosto, súmaselle agora o mércores 29 de xullo. O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas e as entradas para o concerto sairán á venda mañá martes 21 ás 14.00 horas a través de Ataquilla. Ofrecerán un concerto en acústico no que farán un repaso polo mellor da súa discografía.
Mañá tamén estará dispoñible en Ataquilla.com o abono que permitirá asistir por 25 euros a dous dos espectáculos de humor programados para o mes de agosto en TerraCeo. Trátase das veladas con JJ Vaquero (5 agosto) e Moncho Borrajo (9 de agosto).
Así queda a programación:
Xullo:
- Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
- Sábado 25: Noites de retranca
- Mércores 29: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
- Xoves 30: Coque Malla
- Venres 31: Álex Ubago
Agosto:
- Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
- Domingo 2: Don Patricio
- Mércores 5: JJ Vaquero
- Xoves 6: Mikel Erentxun
- Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
- Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
- Domingo 9: Moncho Borrajo
- Xoves 13: David Suárez
- Venres 14: Kiko Veneno
- Sábado 15: Carlos Sadness
- Domingo 16: Carlos Sadness
- Sábado 22: Marlango
- Xoves 27: Recycled J e Kimberly
- Venres 28: Miss Cafeína
- Sábado 29: Rodrigo Cuevas