CAMELIAS MASCOTAS

Los Zigarros e Familia Caamagno pechan o cartel de The Wild Fest

The Wild Fest completa o seu cartel musical coas actuacións de Los Zigarros, Familia Caamagno, Enxeito e Zeltia Irevire que se suman aos concertos, xa enteriormente confirmados, de Thee Blind Crows, Stoned at Pompeii e Susana Seivane Trío. Todos eles subirán ao escenario de San Miguel de Oia entre o 4 e 5 de setembro.

O festival multidisciplinar, The Wild Fest, vén de desgranar a súa programación musical e pór á venda as entradas para o sábado 4 de setembro, xa que o domingo día 5 o acceso é gratuíto. Desde a organización adiantan que este ano tamén haberá actividades para o público familiar, faladoiros, a carreira de obstáculos ‘The wild race’ e outros eventos que irán anunciando nas vindeiras semanas.

A música arrancará o sábado ao mediodía coa actuación de Susana Seivane Trío, a formación dunha das artistas de maior
percorrido e traxectoria e que máis revitalizou o folk galego. Á tarde, contra ás 17.00, tocaralle a quenda a Zeltia Irevire e, ás 19.00, tocarán Thee Blind Crows dispostos a encher o parque forestal coa enerxía e a forza do seu guitarreo blues
punk. Xa ás 20.30 farán a súa aparición Familia Caamagno, que acaban de lanzar o seu novo traballo discográfico ‘Había que intentalo’. E a partir das 22.00 os asistentes poderán gozar co rock & roll de Los Zigarros, unha banda que
vén de telonear aos Rolling Stones en Barcelona
. Os concertos do sábado 4 rematarán coas melodías dos vigueses Stoned at Pompeii ás 23.30. O domingo 5 de setembro, no Parque Forestal San Miguel de Oia, continuarán as actuacións na sesión vermú, onde se poderá gozar coa actuación da banda de Bueu Enxeito.