CAMELIAS MASCOTAS

Little Steven actuará en Castrelos o 12 de xullo

O famoso guitarrista de Bruce Springsteen, Little Steven actuará no Auditorio de Castrelos o 12 de xullo dentro do programa de Festas de Verán do Concello. A actuación de Steven súmase ás de Serrat, Maná, Dorian, Zoe, Morat e Raphael.

REVISTA NOVEMBRO

Foto promocional de Little Steven | Kirsti Hovde

Coñecido pola súa traxectoria como guitarrista e actor Little Steven recalará na nosa cidade o vindeiro 12 de xullo dentro do programa de festas do verán. O concerto será de balde no Auditorio de Castrelos. Steven acadou a fama como guitarrista da banda de Bruce Springsteen da que formou parte entre 1975 e 1984, cando decidiu comezar a súa carreira en solitario, aínda que máis tarde en 1995 regresou. Ademais, o artista foi incluído no Rock’n’Roll Hall of Fame. Como actor é coñecido por ter participado na serie Los Soprano.

O músico estadounidense fará parada en Vigo dentro do seu tour ‘Soulfire’ que días antes pasará por Amsterdam, París e Madrid.

Esta actuación vén a sumarse ao resto de concertos xa confirmados para este Vigo en Festas: Joan Manuel Serrat (21 de xullo), Maná (23 de xullo), Dorian + Zoe (27 de xullo), Morat (31 de xullo), Raphael (2 de agosto) e Cantajuegos (4 de agosto). O alcalde tamén avanzou que aínda quedan por anunciar dous grandes grupos máis para as actuacións do verán.