CAMELIAS MASCOTAS

Concertos, DJ e sesións vermú no primeiro mes de actividade de Vialia

Despois de dous días de inauguración, o Centro Comercial Vialia arranca a súa actividade programando actividades culturais e lúdicas durante o mes de outubro. Na proposta atopamos monólogos, danza, cine musicalizado, sesións DJ, unha decena de concertos, tardes de fútbol e domingos de vermú.

O Foodcourt, a ampla superficie que alberga as terrazas dos restaurates do novo centro comercial de Vigo, será o escenario dunha completa programación de actividades culturais e lúdicas que Vialia ten preparadas para o seu primeiro mes de vida.

As actividades divídense segundo o día da semana, sendo o mércores o día das actuvidades culturais máis pausadas, o xoves o turno dos concertos, o venres para as sesións DJ e os domingos o momento de desfrutar da música en sesión vermú. Ademais, se alternarán proxeccións de partidos de fútbol e actuacións de 10 escolas de baile da cidade, de diferentes estilos.

Mércores de cultura, de 20 a 22h

6 de outubro – Monólogo de Denny Horror
13 de outubro – Recital de poesía a cargo de Kerouac
20 de outubro -Música conceptual de Paulo Pascual
20 de outubro – Cine Musicalizado por Caspervek

Xoves de música

7 de outubro – Killer Barbies (20:30h) e Meteoro (18h)
14 de outubro – Zalomon Grass (20:30h) e Frida Kalvo (18h)
21 de outubro – Broken Peach (20:30h) e Fon Kid (18h)
28 de outubro – You can’t hide (20:30h) e Anelka (18h)


Venres de DJ, de 18 a 20h

REVISTA NOVEMBRO

1 de outubro – DJ Bruno Baw
8 de outubro – DJ Fon Kid
15 de outubro – DJ Charlie Sin
22 de outubro – DJ Babykatze

Domingo de vermut, de 12:30 a 14h

3 de outubro – Tras Tres Trío
10 de outubro – Blue Monk
17 de outubro – Grooving Folks
24 de outubro – Black Stereo