Izal, La Pegatina e Viva Suecia entre as primeiras confirmacións do Portamérica
A sétima edición do Festival Portamérica que repetirá en Caldas de Reis terá lugar do 5 ao 7 de xullo. Chico Trujillo, El Columpio Asesino, Izal, Jacobo Serra, La Habitación Roja, La Pegatina, La Vida Bohème, Los Auténticos Decadentes, Mexrrissey, Neuman, Shinova, Viva Suecia, We Are Standard e We The Lion son as primeiras confirmacións do cartel. Unha vez máis, o festival pretende actuar como nexo de unión entre as tendencias musicais de Europa e América. Ao igual que nas edicións pasadas haberá un lugar destinado para o Mercado de Talentos que reunirá a deseñadores e creadores galegos. Non faltará tampouco o Showrocking, un espazo gastronómico polo que teñen pasado Estrellas Michelín e Soles Repsol.
As entradas xa están a venda a un prezo de 40€ máis gastos de distribución. Cando se esgote o cupo de entradas a este prezo irán subindo por tramos: 45, 50, 55€… Ademais, nesta edición o festival participa na iniciativa cada entrada unha árbore. Co obxectivo de concienciar a poboación de que cada vez que arde o monte tamén o fai unha parte nosa, cada entrada permitirá a cada un dos asistentes participar nunha xornada de reforestación con especies autóctonas que se celebrará pasado o festival nun monte do municipio.