CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Heredeiros da Crus actuará na Porta do Sol para animar o Entroido

Os artistas locais Eladio Santos e Tony Lomba serán xunto a banda de Ribeira Heredeiros de Crus os encargados de poñer a música ao martes de Entroido na Porta de Sol.

As actuacións de Elio dos Santos e Tony Lomba e Heredeiros da Crus o martes día 5 completan a programación musical do concello para este Entroido en Vigo. Súmanse aos concertos de Chenoa o venres día 1 e ao de Sidecars o sábado día 2. Todas as actuacións serán gratuítas e terán lugar na Porta do Sol.

O irreverente dúo formado por Elio dos Santos e Tony Lomba, que normalmente só se xunta para o concerto de Nadal en La Fábrica de Chocolate fará unha excepción este 2019 para animar o Entroido vigués co seu show. Actuarán o martes ás 21:30 horas como preludio a queima do meco que terá lugar ás 22.30. Co meco feito cinzas chegará a quenda de Heredeiros da Crus. A mítica banda galega, que está a celebrar o seu cuarto de século, de ben seguro fará vibrar ao publico co repaso pola súa prolífica carreira. Un concerto que como eles mesmos admiten será moi especial porque nos seus 25 anos de traxectoria apenas tocaron na cidade olívica. De feito, a última vez foi a mediados da década dos 90.