REVISTA ABRIL

Chenoa e Sidecars actuarán no Entroido vigués

O Alcalde Abel Caballero desvelou os dous grandes concertos para este Entroido, que terá lugar entre o 1 e o 5 de marzo. Chenoa e Sidecars actuarán na Parta do Sol os días 1 e 2 de marzo, respectivamente.

REVISTA ABRIL

Juancho, líder de Sidecars, nun concerto en Vigo no 2017 | Andrea Mariño

Despois de revolucionar o Nadal “with the light and with the music”, parece que o próximo obxectivo de Abel Caballero é o Entroido. Fai uns días dicía que Vigo tiña que ser ambicioso no ámbito do turismo, e retaba a Río de Janeiro e ao seu famoso Entroido.

Os dous grandes concertos que terán lugar nesta festividade serán a cantante Chenoa e a banda de indie-rock Sidecars. A ex-concursdante de Operación Triunfo, actual xurado de Tu Cara Me Suena e colaboradora de Zapeando actuará o venres 1 ás 20:30, mentres que a banda liderada por Juancho, irmán de Leiva, tocará o sábado 2 ás 22:00.

Mentres que Chenoa levaba anos sen pisar terras viguesas, Sidecars son un grupo que adoita pasar moito polo sur de Galicia.  Así, actuaron en xaneiro de 2017 en El Ensanche, o 16 de abril do ano pasado na Master Club, o 28 de abril na Rouge, o 16 de agosto no Pazo de Urzáiz, en Nigrán, e o 18 de agosto nas Festas da Peregrina en Pontevedra. Actualmente, continuan a presentar o seu último LP, Cuestión de Gravedad. O último disco de Chenoa, Soy Humana, data de 2015, ademais de ter sacado o libro Defectos Perfectos no 2017.