Greta&Él: calzadas ao noso estilo
Greta&Él é unha zapatería viguesa que ofrece un servizo personalizado de confección de zapatos para noivas, ademais de calzado multimarca, tanto de cerimonia como informal.

Máis de dúas décadas despois de tomar contacto co mundo dos peleteiros e zapateiros, Marta Muiños abriu a súa propia zapatería moi preto da Gran Vía. Greta&Él é unha tenda multimarca con opcións para o día a día e para festas e cerimonias. Abriu as súas portas hai sete anos e nos seu estantes abundan marcas especiais como Sara Verdél, unha orixinal artesá que teñen en exclusiva na cidade, ou Vegtus, calzado sostible de aire máis informal. Bailarinas, mules, mocasines e tacóns, seleccionados por esta experta para garantir a comodidade, e tamén deportivas e calzado para homes, de aí a segunda parte do nome do negocio. “Nos próximos anos imos ver como os zapatos lle ganan terreo ás deportiva, por iso o máis importante é que sexan moi cómodos”, explica Muiños.




Para as vodas, Marta ofrece un servizo de confección de zapatos personalizados baixo a súa propia marca, GretaShoes, un dos seus proxectos máis ambiciosos ata a data. As noivas poden crear os zapatos para o seu gran día desde cero. Elixir a forma que mellor se adapte ao seu pé, os materiais (coiro, ante e veludo) e engadir os enfeites que máis lle gusten. A partir dos desexos da protagonista, Marta deseña persoalmente o calzado, que será elaborado de xeito artesanal polo seu equipo na cidade levantina de Alacant.


Ecuador, 68 | 986 11 38 99 | @zapateriagretayel
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Lidia Folgar (nutricionista): ” Medramos nun entorno azucrado e manipuladas pola publicidade” - 2 Xuño, 2023
- Srta B: perfectamente despeiteadas - 31 Maio, 2023
- Greta&Él: calzadas ao noso estilo - 25 Maio, 2023
- Héroes para la ciencia: a gran festa dos pequenos - 22 Maio, 2023
- Gloria Domecq: saciándonos de felicidade - 19 Maio, 2023