CAMELIAS MASCOTAS

Golpes de karma

Imaxinas que os puñazos e as patadas que poidas dar se transformen en axuda para asociacións que loitan contra a desigualdade e defenden a sostibilidade? Pois iso xa é posible grazas aos centros Brooklyn Fitboxing, convertendo os adestramentos en accións solidarias mediante o programa Hit4Change. Esta rede internacional de ximnasios, que abriu as portas na nosa cidade o pasado mes de maio, combina o boxeo sen contacto con a exercicios de adestramento funcional. Os seus sacos de boxeo están dotados dunha tecnoloxía que permite medir como golpea cada púxil. Un avance tecnolóxico que, alén de medir a progresión na práctica deportiva e facilitar que persoas de diferentes centros compitan entre si, premia o esforzo con puntos de karma.

Ao finalizar o adestramento, cada fitboxer decide a que ONG quere doar os puntos acumulados, dentro das catro organizacións non gobernamentais coas que o centro ten acordo: Médicos Sen Fronteiras (MSF), que traballa porque todas as persoas teñan aceso á atención sanitaria; Save the Children, que axuda a menores que se atopan en situación de vulnerabilidade; Mission Blue, que avoga pola protección dos océanos e Cool Earth, que loita contra o cambio climático e a deforestación.

REVISTA NOVEMBRO

Nos 47 minutos que dura unha sesión de fitboxing queimamos calorías e gañamos forza dun modo moi entretido. Pero ademais de gañar en saúde e forma física, estaremos loitando por un mundo mellor.

Datos de contacto:
Teléfono: 658 83 86 34
Enderezo postal: rúa de Venezuela, 28 (baixo)
Enderezo electrónico: vigocentro@brooklynfitboxing.com
Facebook: Brooklyn Fitboxing Vigo Centro
Instagram: @bf_vigocentro

[Esta entrevista pertence á revista A movida de Novembro de 2019. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón. ]