UVIGO
FILLOAS

Fillas de Cassandra, Touriñán e Salón do Vehículo Clásico esta fin de semana en Vigo

O Entroido continúa esta fin de semana en diferentes barrios da cidade. Ademais, temos concertos, teatro, mercados e salón de coches clásicos, entro outras moitas cousas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Foto promocional de Touriñán

FEIRA RETROFEST – Venres e sábado de 10:00 a 21:00 no CC Camelias – De balde

Descobre libros antigos, curiosos, de segunda man e descatalogados, así como unha ampla selección de discos, vinilos, CDs e cassettes. Atopa eses tesouros do pasado que formaron parte da túa vida e lembra todos os momentos vividos. O venres actuación de burlesque da man de MissLacé e o sábado concerto de Deconcerto.

ENTROIDO – Toda a fin de semana en diferentes ubiciacións – De balde

Continúa o Entroido na cidade, especialmente polos barrios e algunhas actividades que tiveron que ser adiadas por mor da chuvia. En Lavadores queren celebrar o Entroido por todo o alto o próximo domingo 18, cunha festa cargada de arte e que se desenvolverá das 12:00 h ata as 20:00 h. Este particular evento contará cun mercado de artesanía e artistas, tamén acollerá un concurso de máscaras e outro de disfraces e a actuación da Comparsa Arroutada.

Lavadores non é a única parroquia que pospuxo a celebración do Entroido, en Bembrive acollen esta fin de semana o tradicional desfile de comparsas e o domingo un concurso de disfraces e en Bouzas celebran o tradicional Enterro da Rincha o sábado. Ademais, o Concello retoma esta fin de semana os concertos pospostos estes días por mor da chuvia; actuarán na Porta do Sol a Orquestra Saudade o venres 16 e Broken Peach o sábado 17.

VIGOCULTURA: ‘AQUÍ TOU’ CON TOURIÑÁN- Venres ás 20:00 no Auditorio Municipal – 8,00€

En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser o que hoxe é.

CONCERTO HOMENAXE A ANTONIO VEGA – Venres ás 21:00 no Teatro García Barbón – Desde 20,00€

«El sitio de mi recreo», o título dunha das cancións do pop español máis populares das últimas décadas tamén dá nome ao concerto homenaxe da Banda Original de Antonio Vega. Xunto a eles no escenario estarán Annie B. Sweet, Teo Cardalda e os cantantes e exlíderes de Tam Tam Go, Nacho Campillo, e a banda Elefantes, Shuarma.

CONCERTO FILLAS DE CASSANDRA – Venres ás 22:00 no Mar de Vigo – Entradas esgotadas

Logo de terse erixido como unha das grandes revelacións do panorama musical, nunha última ollada á polis, Fillas de Cassandra (Sara Faro e María SOA) presenta un novo espectáculo: Últimas Dionisíacas, no que, ademais de revisitar os éxitos do seu primeiro LP Acrópole desde unha electrónica máis escura e potente, van deixando entrever o que ha ser o seu novo traballo discográfico, entretecido con outras composicións inéditas e cantos efémeros que nunca han ser publicados.

SALÓN DO VEHÍCULO CLÁSICO E DE ÉPOCA – Sábado e domingo no Ifevi – Desde 6,00€

Volve o Salón do Vehículo Clásico e de Época, con vehículos clásicos e de colección, que se celebrará os próximos 17 e 18 de febreiro. Un evento para todos os públicos no que poderás gozar de varias exposicións de coches e motos clásicas, zona de compra-venda de particulares, aparcamento para os clásicos dos afeccionados, postos de recambios, accesorios, agasallos e moito máis.

CONCERTO TERREIRAS – Sábado ás 21:00 na Sala Rebullón – Desde 10,00€

Terreiras é un grupo cubano-galego integrado por: Diana Tarín, Lucía Cortiñas e Yudit Almeida

VIGO DUB CLUB – Sábado ás 23:30 no Kingston Club – 6,00€

Chega Trasnos in Dub desde Baldaio. Este proxecto formado por pai e fillo, foise fraguando ao longo destes últimos anos, con picadas regulares por toda a nosa comunidade ata chegar a formar o seu propio “sistema de son” hai uns meses, actualmente colaboran de forma activa na organización de eventos na Coruña Dub Club. Traerannos unha selección moi potente, con últimas novidades e tamén grandes clásicos. Acompañándoos, como sempre, Skunk-Fu Hi-Fi, que celebran o seu sétimo aniversario.

‘A POUSADEIRA DE GOLDONI’ – Domingo ás 17:00 na Praza do Abanico – De balde

O alumnado da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (Esadg) interpretarán La locandiera, unha comedia escrita en italiano polo dramaturgo veneciano Carlo Goldoni no ano 1750.

MEDIUM. CHILE ESTALLA EN LA DISTANCIA’ – Domingo ás 20:00 na Sala Ártika – Desde 10,00€

CAMELIAS NADAL

Peza inspirada nunha estrutura documental, que indaga a través de relatos testemuñais da revolución social en Chile acontecida desde outubro de 2019. A posta en escena instala a cinco artistas chilenos residentes en Europa, que intentan poñer en contacto, mediante diferentes procedementos, cunha realidade que se produce na distancia e á que non poden acceder polo obstáculo da distancia.