ASNEVES
REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Entroido en Bembrive

17feb17:00Entroido en BembriveAS NOSAS FESTAS | De balde17:00(GMT+01:00) Bembrive

Detalles do eventos

Como xa é tradicional, o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 17:00 horas, e dentro das actividades do tan esperado Entroido de Bembrive, organizado por esta Entidade Local en colaboración con varias Asociacións da parroquia, realizarase o Desfile de Comparsas pola Estrada de Bembrive, concretamente no tramo comprendido entre a confluencia da Rúa dos Troncais coa Rúa Eifonso e o Centro Cultural do Torreiro da Ponte.

Ás 22:30 horas realizarase a verbena-baile de disfraces e o Concurso de disfraces individuais de adultos no citado local, que contará coa animación do grupo musical X-Tra, en directo.

O concurso de disfraces individuais infantís celebrarase o domingo dia 18 de febreiro ás 17:00 h. no auditorio da casa cultural, co espectáculo de teatro musical infantil “A historia de Martín”.

Máis información

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Bembrive

Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events