ASNEVES
REVISTA MAIO

Lavadores celebra este domingo un Entroido cargado de arte

18feb12:0020:00Lavadores celebra este domingo un Entroido cargado de arteAS NOSAS FESTAS | De balde12:00 - 20:00(GMT+01:00) AVCD de Lavadores

Detalles do eventos

En Lavadores queren celebrar o Entroido por todo o alto o próximo domingo 18 de febreiro, cunha festa cargada de arte e que se desenvolverá das 12:00 h ata as 20:00 h. Este particular evento contará cun mercado de artesanía e artistas, tamén acollerá un concurso de máscaras e outro de disfraces e a actuación da Comparsa Arroutada.

Lavadores non é a única parroquia que pospuxo a celebración do Entroido, en Bembrive acollen esta fin de semana o tradicional desfile de comparsas e o domingo un concurso de disfraces e en Bouzas celebran o tradicional Enterro da Rincha o sábado. Ademais, o Concello retoma esta fin de semana os concertos pospostos estes días por mor da chuvia; actuarán na Porta do Sol a Orquestra Saudade o venres 16 e Broken Peach o sábado 17.

Programa Entroido de artístico de Lavadores:

Máis

Hora

(Domingo) 12:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

AVCD de Lavadores

Av. de Ramón Nieto, 302, 36214 Vigo, Pontevedra

Other Events