Felicetta Gualtieri ensínanos a facer a nosa propia roupa sostible
Moda e sostibilidade danse a man nos obradoiros da artista e costureira Felicetta Gualtiere. Este sábado imparte no seu taller en Simia un curso exprés para aprender a crear un peto desde cero reutilizando textís.

Felicetta Gualtiere é a muller orquestra da moda viguesa: deseña e crea prendas, ensina a coser e organiza o evento mensual de sengunda man e artesanía Mercado Reciclado. Ten unha marca de roupa “made in Vigo” na que reutiliza teas, fíos e botóns para crear novas prendas máis actuais e acordes aos gustos dos seus clientes. Podemos facernos con unha visitando a súa tenda-taller en Simia Coworking ou contactándoa para un encargo personalizado.
A artista e modista venezolana aplica os principios do upcycling textil co obxectivo de converter o seu traballo en moda (un dos sectores máis contaminantes) nunha actividade amigable co medio ambiente. O upcycling (ou suprarreciclaxe) é un un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a prendas que xa existen, pero non utilizamos. Algúns exemplos son reutilizar o tecido dunha prenda para crear outra distinta ou engadir ilustracións e apliques para renovar unha prenda esquecida no fondo do armario e facela máis especial.

Felicetta tamén imparte cursos nos que comparte as súas técnicas, tanto regulares como obradoiros puntuais. Este domingo, 25 de xaneiro, ás 11:30 h, a artista estará ensinando a confeccionar un peto desde cero, a partir dunha tea que xa teñamos na casa ou que nos proporcione Felicetta. Durante as tres horas de taller, os asistentes aprenderán a crear o patrón a medida, cortar, ensamblar e dar os detalles finais. A idea é que saian coa prenda finalizada e lista para lucir. O obradoiro ten un custo de 50,00 €, aos que se deben engadir outros 10,00 € no caso de non aportar a tea.
Para as persoas que busquen unha formación máis continuada, Felicetta tamén imparte clases tanto individuais como en grupo. Nestes cursos afóndase en cada un dos pasos a dar, interiorizando as técnicas de suprarreciclaxe e confeccionando as prendas que cada alumno desexe. As clases individuais no seu taller realízanse de luns a venres pola mañá, escollendo dous días por semana; ou en grupo os sábados cada quince días. Teñen unha duración de 3 horas semanais e un prezo de 65,00€. Polas tardes, traslada as aulas á Asociación Ribera Atienza (a carón da Escola de Idiomas), de 18:00 a 20:00 h.


Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Porto Café, café de especialidade e almorzos artesanais - 10 Abril, 2025
- Froitas Xeitosiña, tradición e frescura - 10 Abril, 2025
- Sete espazos á medida para celebracións memorables - 9 Abril, 2025
- 4 Elementos, lume elemental en Tui - 9 Abril, 2025
- The Wild Cinema convida a participar con filmes sobre natureza e sustentabilidade - 7 Abril, 2025