COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Experiencia que vai e volve

Foto: P. Vázquez

A chegada da pandemia fulminou plans a curto, medio e longo prazo. Con todo, sempre hai opcións, coma este esta que compartimos convosco desta volta: unha ruta de fin de semana na que aproveitamos para probar un Volvo XC60 R-Design, por cortesía de Autesa, o concesionario oficial de Volvo en Vigo. Trátase dun automóbil SUV híbrido, que conta con todas as vantaxes dun coche eléctrico mantendo asemade a autonomía da mecánica, todo un seguro de viaxe.

Decidímonos por madrugar un sábado solleiro, agarrar a equipaxe e baixar ao garaxe dispostos a aproveitar o día. Montamos no coche e puxémolo en marcha sen sequera ter que sacar a chave do peto, como por cousa de maxia. Eran as oito da mañá, escollemos en Spotify a voz cantante de Norah Jones con «Sunrise», e puxémonos rumbo a Canido para gozar dun bo almorzo con vistas ao mar. Aínda é cedo e case non hai xente na praia, así que decidimos dar un paseo pola beiramar, atravesando a parte posterior da Finca Mirambell, camiño da praia do Vao. O sol empeza a apertar, así que decidimos refrescarnos na exquisita auga salgada para despois deitarnos a secar na area. No camiño de volta ao coche, paramos no Centro Arqueolóxico da Vila Romana de Toralla para visitar os nosos devanceiros que alí moran.

Volvemos ao coche e, ao ritmo dos AC/DC con «Highway to Hell», collemos as sinuosas curvas do camiño, en dez minutos chegamos ao cumio da cidade. Desde o monte Cepudo temos unha das mellores estampas da Ría de Vigo. Aquí temos a opción de podemos facer un pícnic ou de xantar comodamente nun restaurante. Ti que prefires? Facendo a dixestión, botamos a sesta á sombra dunha árbore. Toca volver á carga! Marcamos a seguinte parada en Google Maps, integrado no navegador. Próxima parada: o parque forestal de San Miguel de Oia, un lugar sen parangón onde hai rutas de sendeirismo para todos os niveis, boas pistas para montar en bicicleta e é un dos treitos favoritos para os corredores de montaña. Despois dunha boa pedalada, devecemos por unha cervexa fría, polo que imos fomos ata un chiringuito de Saiáns, antes de continuar co plan, que nos leva levou ata Baiona, unha vila que sempre está animada na época estival, onde decidimos cear e buscar pousada. Ao outro día, rumbamos cara á Guarda pola estrada da costa, un bo traxecto para gozar da condución. Aparcamos na praia do Muíño e, antes de estomballarnos ao sol, decidimos facer unha ruta circular de pouco máis de dez quilómetros na que rodeamos as faldras do monte de Santa Trega. Tras unha boa xornada de praia, repoñemos forzas nun restaurante da contorna e repousamos a comida dando un paseo por esta vila mariñeira. Logo dunha boa xornada de praia, xa camiño da casa, paramos a mirar o solpor desde o Cabo Silleiro, unha estampa perfecta para culminar calquera fin de semana do verán.

Se queres vivir unha #ExperienciaAutesa, podes chamar ao concesionario e solicitar unha proba gratuíta.

Estrada Camposancos, 95, 36213 Vigo, Pontevedra
autesa.com

SONRIAS
The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.