REVISTA ABRIL

Vibra Mahou Fest

28out(out 28)21:00Vibra Mahou FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 16,00 €21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O hall do auditorio Mar de Vigo albergará de novo, como xa fixo en 2019, o Vibra Mahou Fest, que este ano contará coas actuacións de Depedro, Anni B. Sweet & Los Estanques, Mon Band (que actuarán na sesión de mediodía do festival), Arde Bogotá, Shinova, Nunatak e Sienna (que actuarán na sesión de noite). A nota local corre a cargo de Mon Band, o grupo liderado por Mon Cancela. O evento tamén ofrecerá sesións DJ e zona gastro, para amenizar esta longa xornada musical que discurrirá durante o sábado 29 de outubro. O día anterior, o dúo de pop electrónico Delaporte actuará en Island Club como parte da programación do festival.

As entradas para o festival están dispoñibles a través de Wegow e teñen os seguintes prezos: 13,00 € para ver a Delaporte en Island Club (entradas esgotadas); 29,50€ se queremos acudir a todas as actuacións da xornada do sábado no Mar de Vigo; 16,00 € no caso de que só queiramos asistir a sesión de mediodía e 19,00€ se preferimos acudir a sesión de noite.

Preme aquí para saber máis sobre todos os artistas do festival.

Máis

Hora

28 (Venres) 21:00(GMT+02:00)