Confirmados os horarios do Vibra Mahou Fest

Vibra Mahou Fest ten todo preparado para ofrecer un día da mellor música o vindeiro sábado 26 de outubro no Auditorio Mar de Vigo. Ademais, o venres 25, e no contexto deste evento, terá lugar unha Pre- Party na Sala Island, encabezada pola Gran Final da Batalla de Bandas Mahou – Estudos Mans e unha sesión DJ con dúas coñecidas caras do Indie nacional: Carlangas e Carlos Sadness.

O Vibra Mahou Fest, que leva tempo co cartel de “Non quedan entradas” colgado, chega para demostrar que os festivais non son só cousa do verán. Antes do día grande, o venres haberá unha Pre- Party na sala Island coa Gran Final da Batalla de Bandas Mahou-Estudios Mans, á que se poder acceder de forma libre ata completar aforo, e na que participarán os grupos Carolina Rubirosa, Moura, The Wonderminds, La May e Lau, todos eles seleccionados polo xurado nas dúas roldas previas que se celebraron durante o verán en Atlantic Fest e o Festival da Luz.

Así, a partir das 20:00 horas, cada unha das bandas dispoñerá de 15 minutos para demostrar o seu talento e conseguir ser unha das dúas seleccionadas polo xurado que poderá gravar en Estudios Mans e engadir ao seu calendario do 2020 máis dunha decena de actuacións remuneradas en festivais ou ciclos de concertos patrocinados ou promovidos por Mahou en Galicia e Asturias, compartindo escenario con importantes bandas nacionais. Acto seguido, ás 22:00 horas, Carlangas DJ Set e Carlos Sadness DJ Set darán forma á Sesión DJ, picando os seus particulares estilos durante 75 minutos cada un e á que se poderá acceder mostrando o abono ou calquera entrada de medio día de Vibra Mahou Fest.

En canto ao festival do sábado, a sesión matutina comezará pasadas as 12:00 coa actuación do artista local Villanueva. Tras él virán, con sesións DJ entre cada concerto, Escuchando Elefantes, Eladio y los Seres Queridos e Xoel López. Pola tarde abrirá Allova pouco despois das 19:00, seguida de Zahara, Carlos Sadness, Novedades Carminha e Sidonie Dj Set. Ao longo de todo o día estará aberta e accesible a Zona Gastro e a Zona de Talleres, con actividades de lecer gratuítas como Body Paint, customización de bolsas e camisetas ou a produción de chapas personalizadas.

Os horarios quedan da seguinte maneira:

Sesión Mediodía (12:00 – 17:00)
– 12:00. Sesión DJ
– 12:30. Villanueva
– 13:10. Sesión DJ
– 13:30. Escuchando Elefantes
– 14:15. Sesión DJ
– 14:35. Eladio y los Seres Queridos
– 15:20. Sesión DJ
– 15:40. Xoel López

Sesión noite (19:00 – 02:30)
– 19:00. Sesión DJ
– 19:20. Allova
– 19:50. Sesión DJ
– 20:10. Zahara
– 21:40. Sesión DJ
– 22:00. Carlos Sadness
– 23:30. Sesión DJ
– 23:50. Novedades Carminha
– 01:20. Sidonie DJ SET

26out12:0023:59Vibra Mahou FestFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas12:00 - 23:59 Mar de Vigo

Compartir
X