Este é un evento repetitivo10 agosto, 2024 19:30
Vive Nigrán
09ago19:30Vive NigránFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30(GMT+02:00) Miradoiro de Monteferro
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán mantén o Vive Nigrán e trasládao de Lourido ao miradoiro de Monteferro para cumprir máis que nunca coa premisa de ser
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán mantén o Vive Nigrán e trasládao de Lourido ao miradoiro de Monteferro para cumprir máis que nunca coa premisa de ser un “Picnic-pop festival” de verán. Con este obxectivo, o evento pasa a ser gratuíto e terá lugar o 9 e 10 de agosto a partir das 19:30.
O cartel da primeira xornada está formado por Isius, Querido e Rufus T. Firefly; e Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma o da segunda. Como vemos, a programación é unha mestura entre artistas locais e do resto de España, e entre proxectos incipientes (como Querido ou Visions of Johanna) e outros con máis veteranía (véxase Hey Hematoma, novo grupo formado por exmembros de Siniestro Total — Miguel Costas, Javier Soto — e outros músicos experimentados).
Este cambio é debido a que a Deputación de Pontevedra excluíu por vez primeira desde o seu nacemento no 2017 ao festival da marca Rías Baixas Fest e, polo tanto, das devanditas axudas, asi que a organización viuse na obriga de mudar de formato e regresar a súa orixe máis familiar.
Venres 9
Isisu
Querido
Rufus T. Firefly
Sábado 10
Visions of Johanna
Arizona Baby
Hey Hematoma
Máis
Hora
9 agosto, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Miradoiro de Monteferro
Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra