GFFF
GFFF

Este é un evento repetitivo

Vive Nigrán

09ago19:30Vive NigránFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:30(GMT+02:00) Miradoiro de Monteferro

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán mantén o Vive Nigrán e trasládao de Lourido ao miradoiro de Monteferro para cumprir máis que nunca coa premisa de ser un “Picnic-pop festival” de verán. Con este obxectivo, o evento pasa a ser gratuíto e terá lugar o 9 e 10 de agosto a partir das 19:30.

O cartel da primeira xornada está formado por Isius, Querido e Rufus T. Firefly; e Visions of Johanna, Arizona Baby e Hey Hematoma o da segunda. Como vemos, a programación é unha mestura entre artistas locais e do resto de España, e entre proxectos incipientes (como Querido ou Visions of Johanna) e outros con máis veteranía (véxase Hey Hematoma, novo grupo formado por exmembros de Siniestro Total — Miguel Costas, Javier Soto — e outros músicos experimentados).

Este cambio é debido a que a Deputación de Pontevedra excluíu por vez primeira desde o seu nacemento no 2017 ao festival da marca Rías Baixas Fest e, polo tanto, das devanditas axudas, asi que a organización viuse na obriga de mudar de formato e regresar a súa orixe máis familiar.

Venres 9
Isisu
Querido
Rufus T. Firefly

Sábado 10
Visions of Johanna
Arizona Baby
Hey Hematoma

Máis

Hora

9 agosto, 2024 19:30(GMT+02:00)

Localización

Miradoiro de Monteferro

Monteferro, 36340 Panjón, Pontevedra

Other Events