Visitas guiadas polos pasadizos da fortaleza do Castro

21mai10:0020:00Visitas guiadas polos pasadizos da fortaleza do CastroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00 - 20:00(GMT+02:00) Fortaleza O Castro

Detalles do eventos

Ábrense ao público as galerías da fortaleza do Castro logo das obras de recuperación e rehabilitación executadas durante os últimos meses. Co fin de achegar este espazo á cidadanía viguesa, organízanse visitas guiadas entre os días 15 e 26 de maio. Realizaranse en grupos de 10 persoas cunha duración de entre 25 minutos. Desde este xoves, poden realizarse as inscricións no teléfono 010.

A apertura dos túneles forma parte dos traballos de rehabilitación da muralla da fortaleza do Castro, que nos últimos dous anos incluiron tamén limpeza dos muros, iluminación pola noite, construcción de novas gradas, bancos e escaleiras e eliminación dalgúns elementos como casetas ou postes de electricidade. Neste artigo de 2020 ensinamos todos estes cambios

Se queres saber por que hai túneles debaixo da fortaleza e onde teñen a súa saída, neste artigo sobre o Vigo subterráneo sacamos á luz esta e outras curiosidades sobre os pasadizos da cidade.

Datas e horarios de visita:

Entre os días 15 e 26 de maio

– De luns a venres (exceptuando o festivo do mércores 17) Mañás ás 11:00, 11:30, 12:00 e 12:30. Tardes ás 17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30.

– O mércores 17, o sábado 20 e domingo 21: Mañás ás 10:00, 10:30, 11:00, 11:30, 12:00, 12:30, 13:00 e 13:30. Polas Tardes ás 16:00, 16:30, 17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30.

Máis

Hora

(Domingo) 10:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fortaleza O Castro

Paseo Rosalía de Castro, 5, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events