
Detalles do eventos
Abel Barandela e Chus Guedella son os artistas que inauguran este espazo expositivo dende o 17 de marzo ata o 28 de abril, coa exposición
VINOBIC en APAMP
Abel Barandela e Chus Guedella son os artistas que inauguran este espazo expositivo dende o 17 de marzo ata o 28 de abril, coa exposición VINOBIC, composta por 33 retratos dos personaxes da serie “Fariña”.
Esta serie trata sobre o narcotráfico en Galicia nos anos 80, baseada no libro do mesmo nome do escritor coruñés Nacho Carretero. O título da exposición fai alusión aos materiais utilizados por ambos os artistas respectivamente, o viño e o bolígrafo Bic.
O proxecto ‘Navia, espazo de arte’ nace para poñer en valor e dinamizar a vida cultural e social do barrio, convertendo o espazo común, de aproximandamente 300 metros cadrados, do Centro de día nun lugar no que dar difusión e visibilidade á gran obra artística existente na nosa comunidade, espazo que será xestionado e dinamizado polos integrantes do taller artístico da entidade
Poderánse comprar as copias das obras de arte expostas na propia galería, e os horarios presentan a posibilidade de ter unha visita guiada para grupos de 5 a 10 persoas, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas con previa inscripción e con entrada libre pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas.
Máis

Marzo 19 (Domingo) 16:00 - Abril 28 (Venres) 18:00
APAMP
Rúa da Pedra Seixa, 33, 36212 Vigo, Pontevedra