CANS
GALAXIA

Vigo rúa máxica

08abr12:0021:00Vigo rúa máxicaESPECTÁCULOS | De balde12:00 - 21:00(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

O I Festival de maxia de rúa Vigo rúa máxica desenvólvese desde este xoves 6 e ata o domingo 9 de abril en diferentes espazos da cidade da man de 9 magos “extraordinarios”. Serán catro xornadas de ilusionismo da man de 9 magos en varios escenarios da cidade: Porta do Sol, Praza Independencia, Mercado Teis, Navia, Peonil do Calvario e Praza Suárez Llanos de Bouzas.

Pedro Volta, Mago Teto, Héctor Sansegundo, Mago Paco, Rey Midas, Civic-Civiac, Lebart, Rafael Titonelly e Mago Marco ofrecerán os seus espectáculos de forma gratuíta nos diferentes escenarios contando coa participación do público. Cada un dos artistas do programa pasará por cada unha das prazas.

HORARIOS

Xoves 6 de abril entre as 18:00 e as 19:00
Porta do Sol: Mago Teto
Praza Independencia: Pedro Volta
Mercado Teis: Rafael Titonelly
Navia: Lebart
Peonil Calvario: Rey Midas
Bouzas-Praza Suárez Llanos: Mago Marco

Venres 7 de abril
Porta do Sol: Héctor Sansegundo (17:00)
Praza Independencia: Rey Midas (17:30)
Mercado Teis: Mago Teto (18:00)
Navia: Pedro Volta (18:00)
Peonil Calvario: Mago Paco (18:00)
Bouzas: Lebart (18:00)

Sábado 8 de abril
Porta do Sol: Civic-Civiac (12-14h e 17:30-20:30) e Lebart (17:30, 18:30, 19:30)
Praza Independencia: Teto (18:00)
Mercado Teis: Pedro Volta (18:00)
Navia: Rafael Titonelly (18:00)
Peonil do Calvario: Mago Marco (18:00)
Bouzas: Rey Midas (18:00)

O domingo 9 de abril
Porta do Sol: Rey Midas (17:30) e Pedro Volta (19:00)

ESPECTÁCULOS

Pedro Volta, galego que presenta en Galicia por primeira vez o seu show inspirado na Nasa

Mago Teto (Galicia) ofrece un espectáculo cunha roda de afiar dos anos 30 contando historias e aventuras doutros tempos

Héctor Sansegundo (Castela e León), trae o seu espectáculo de improvisación, humor e maxia co que percorreu teatros e salas de China, Latinoamérica, Portugal e España

Mago Paco (Galicia). Espectáculo con elementos visuais rechamantes coa participación activa do público infantil

Rey Midas (Arxentina) presenta un espectáculo protagonizado por un chef que busca a receita perfecta con moito humor

Civic-Civiac (Navarra) propón xogos de participación para todo o público nunha instalación de 350 metros cadrados

Lebart (Arxentina) realiza maxia con humor intelixente con shows con malabares e clown

Rafael Titonelly (Brasil), un dos ilusionistas máis coñecidos de Portugal, participante de Got Talent, trae a Vigo o seu espectáculo de maxia e humor

Mago Marco (Portugal), novo artista con experiencia no mundo da animación e o espectáculo

Máis

Hora

(Sábado) 12:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events