'Tecer os referentes' de Elisa Terroba
Detalles do eventos
Primeira exposición individual en Galicia de Elisa Terroba (Málaga, 1986). Unha mostra comisariada por Yaiza González e Pedro Gallego de Lerma. Dispoñible a ata o 4 de outubro.
Detalles do eventos
Primeira exposición individual en Galicia de Elisa Terroba (Málaga, 1986). Unha mostra comisariada por Yaiza González e Pedro Gallego de Lerma. Dispoñible a ata o 4 de outubro.
Terroba ofrécenos unha proposta na que afonda no seu traballo de deconstrución do obxecto libro, mediante o tecido, a composición escultórica e a intervención, convidándonos a repensar o sentido do libro na actual cultura dixital. Ademais, a artista mostrará seis pezas realizadas a partir dos seis tomos da serie de catálogos titulada Laxeiro, debuxos inéditos , realizados expresamente para a exposición.
Por motivos da situación derivada da Covid19, non se realizará acto de inauguración, senón que recibirán ao público en grupos reducidos de catro persoas, desde as 18h ás 21h, o 17 de xullo.
O proxecto enmárcase na investigación que a artista leva realizando nos últimos anos sobre o significado do libro como ferramenta de transmisión de coñecementos.
A artista inclúe pezas como a serie titulada Tapices, que articula toda a mostra. Tapices está composta por libros cuxas páxinas desmontou e cortou coidadosamente, para transformalas nos fíos de papel cos que, literalmente, tece un tapiz que permite contemplar todo o contado a un tempo, pero facendo inintelixible o contido orixinal.
Esta estratexia ilustra a necesidade de tecer os referentes, como mecanismo de re – interpretación do xa contado, do que se da por sabido, cuestionando así as narrativas que construíron a nosa herdanza cultural a partir de relaciones de poder que deben ser revisadas.
A súa preocupación por traballar nos límites do libro concrétase así nun traballo que, máis que propoñer solucións, apunta cara á idea de crise dunha narratividade que xa non vale para explicar o mundo. Elisa Terroba instálase así no territorio do conflito entre o narrado e o acontecido, traballando nos límites do formato libro, como xesto metafórico que, no fondo, está apuntando aos límites do discurso como dispositivo de construción do real.
Máis
Hora
17 xullo, 2020 18:00 - 4 outubro, 2020 21:00(GMT+01:00)
Localización
Fundación Laxeiro
Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes