COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Teatro Gorrilla

19feb13:00Teatro GorrillaFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 3,00€13:00(GMT+01:00) Churruca

Detalles do eventos

Teatro Gorrilla impulsa o crecemento das artes escénicas en Vigo a través dun espazo profesional, acolledor, e ante todo, “de gorra”.

Este sábado 19 de febreiro os bares da zona de Churruca de Vigo se transforman en teatros, acollendo unha programación de artes escénicas para todos os públicos. Dende danza, contacontos e teatro se poderá presenciar na Sala Kominsky, Tinta Negra, The Monk Pub e A Casa de Arriba partir das 13h acompañando a sesión vermú.

Teatro Gorrilla é unha iniciativa que comeza no 2019 programando cada 15 días na Casa de Arriba como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo.
Apostan por crear espazos novos de intercambio de ideas e arte sen ter a preocupación por o que pode costar unha entrada a un espectáculo, por iso, a entrada é de libre pago voluntario inspirado no teatro de rúa onde se “pasa a gorra”.

Programa:

12:30h – Sala Kominsky (Rúa dos Irmandiños,3) – Petra Porter

13:30h – Sala Kominsky – Vanessa Lozano e Eva Comesaña coa peza de danza contemporánea Lume Sutil

16h – Tinta Negra – Contacontos Contos da Lareira de Iván Davila

17h – The Monk Pub (Rúa Uruguay, 28) – a actriz Carlota Rosón vai facer un número de bufón contemporaneo chamado Si te quiere te hará llorar.

18h – Cantina Candela (Rúa Martín Códax, 12) – Sergio Llauger e o seu Karaoke, un monólogo traxicómico

19h – A Casa de Arriba (Rúa Martín Codax, 23) – Marta Velázquez e a súa peza de autoficción Pink Monument.

Máis

Hora

19 febreiro, 2022 13:00(GMT+02:00)

Localización

Churruca

Rúa Churruca, 10-20 36201 Vigo Pontevedra

Other Events